
As viaxes de Kou Zure, 3ª parte
~ Os reis do Pop Latino ~
Xa de volta en Monsbaiya, tras derrota-lo resucitado rei dos Demos e impedir que a escuridade dominase o mundo, Kou, Skale e máis Kewne puideron voltar sans e salvos. Por aquela época a vila desértica estaba chea de vida, con mercados ambulantes, competición de loita, etc. A lendaria Torre da Monstrosidade xa quedara esquecida por todos, xa que a vila xa non se vía ameazada polas forzas do mal coma outrora.
Nesta situación atopamos a Kou, o noso heroe particular, un afamado cazador de tesouros acompañado sempre polo seu fiel draón Kewne, o pequeno Kewne que, a pesares de ser un dragón tan só mide vinte centímetros, aínda que as súas bolas de lume son capaces de derrete-las rochas do deserto. Kou inscribírase con Kewne e con Cadavron a un torneo de loita por equipos onde calquera, fose humano, fada ou o que fose, podía participar – aínda que os equipos tiñan que constar de tres aspirantes de distinta especie – e que se celebraba con motivo do sétimo bicentenario da construcción da Torre da Monstrosidade, o momento máis espectacular da vila que fora escenario de tantos acontecementos importantes no pasado.
Non só Kou se inscribira no torneo, tamén Attley e Ghosh o fixeran; Attley acompañada do seu leal Fénix e do robot Metar, con poder de invocar ós raios; e Ghosh ía co titán de auga, Dydra, e co parrulo Qwack, ambos quén de usaren poderes curativos. Skale estaba animando con Selfi nas gradas do recén construído Estadio de Monsbaiya, posto que non podía participar por querer inscribirse con Lycanth e con Saber, ambos licántropos coma el. Selfi non quixera inscribirse porque o que lle gustaba era animar (pegar berros agudos e estridentes coma unha tola que serían capaces de pórlle os cabelos de punta ó mesmo Cort Saverhagem, tío segundo de Skale Saverhagem por parte de pai).
O torneo xa estaba chegando á súa fin; só quedaban catro equipos aspirantes á Copa do Lume, da Auga e do Vento (todo iso era o nome da copa), ó premio en efectivo de medio millón de golds* e a un ovo misterioso. Entre os finalistas estaban os equipos de Kou, de Attley e de Ghosh; o outro equipo finalista estana formado por unha Salamandra, unha quimera e un centauro. Na primeira eliminatoria enfrontábanse o equipo de Attley e o de Ghosh, o ceo estaba despexado e o timbre que anunciaba o comezo do combate soara... ¡XA!
– ¡Veña, Attley! ¡Ti podes!
– ¡Attley, é-la mellor!
– ¡Ghosh, a ver se consegues manter a Dydra esperto todo o combate!
– ¡¡¡VAMOS KOU!!!
– ¿Kou? ¡Pero se Kou non combate nesta eliminatoria, Selfi!
– Hmmm... Pois... ¡¡¡VAMOS, ÁNIMO!!! ¡¡¡VIVA GHOSH!!! ¡¡¡VIVA ATTLEY!!!
O combate rematou cedo; máis cedo do esperado. Todos sabían que Ghosh ía perder, pero non dunha maneira tan humillante... Resulta que, ó comeza-lo combate, Dydra empezou a roncar e Ghosh foi onda el para intentar espertalo no intre en que Attley lle daba unha patada no cu que o botou fóra do ring.
– ¡O capitán do equipo saíu do ring; vencedor, o equipo contrario formado por Fénix, Metar e Attley!
O público aplaudía a rabiar mentres os loitadores se retiraban para dar paso ós seguintes aspirantes: Kou e Centaur. O vencedor foi o equipo de Kou cun K.O. por insolación; porque resulta que ó equipo de Centaur afectóulle-lo sol de maneira bestial e o equipo de Kou non tivo moitos problemas para tiralos fóra do ring.
– ¡O equipo vencedor é o de Kou! ¡Mañá mesmo celebrarase a final do torneo entre os equipos de Kou e Attley! ¡Agardámosvos aquí a todos mañá á mesma hora!
Cando todos houberon abandonado o pavillón, este pechou as súas portas ata a final entre os equipos finalistas. Kou aínda non podía crer que tivese que loitar contra Attley que, ademais de ser unha amiga, tamén tñia un bo equipo e era moi boa coa espada (non coma Ghosh).
Este tipo de campionatos eran, xunto con outros pequenos traballiños sen importancia, a única forma de gañar diñeiro que tiñan; xa que ó acabar coa vida do Rei do Mal, xa non había demos nin Torre e xa non podían cobrar por bota-los demons da vila e dos arredores.
– Este é o último campionato de loita que se vai celebrar en catro anos. ¿De que viviremos logo?
– Pois... podemos converternos en nómades e vivir da natureza.
– ¡Serás pasmón, Skale! – dicindo isto, deulle unha labazada – Iso sería noxento, temos que buscar un traballo fixo...
– Si, Attley. ¿Pero cal?
– Poderiamos meternos todos a monxes. ¿A que si, Zu?
– Pois... non sei.
– ¡Non sexas ridículo, Cadavron! Por moito que queiras parecer aterrador, sempre serás un “deus da Morte” con pinta de pallaso.
– ... ¡Eu non son un pallaso! ¿A que non, Zu?
– Pois... non sei.
– ...
– Selfi, ¿non vas dicir nada?
– Pois...
– ¡Non veñas agora coas mesmas que Zu!
E así seguiron pensando o que podían facer despois do torneo e Zu, a harpía-león que acostumaba acompañar a Cadavron, un ser realmente patético como á vista está, seguía igual de indeciso.
Cadavron nacera como deus da Morte (de aí que leve unha gadaña máxica consigo) pero non coma deus da Morte estilo esqueleto con hábito negro e terrible, senón máis ben coma deus da Morte oriental, que teñen unha especie de pucha en forma de gorro de arlequín; e era por iso polo que resultaba tan humillado e tamén foi de aí de onde sacaron a palabra “cadavrónico”.
A noite xa chegara. Cada un dos do grupo estaba cavilando en cadansúa casa a maneira de poderen vivir despois do torneo... E así, saíu o sol e chegou a hora da tan agardada final do último torneo de Monsbaiya en moito tempo:
– ¡Todos listos! ¡Vai dar comezo a final do Gran Torneo de loita por equipos de Monsbaiya! ¡Neste lado do tatami, o equipo composto por Kou Zure, Cadavron e Kewne; e nestoutro lado, o equipo de Attley Willow, Fénix e Metar! ¡Que comece o combate!
A loita entre os dous equipos comezou cunha terrible labarada de Fénix, que lle deu de cheo a Cadavron. Logo Kou contraatacou con golpe de espada a Metar, pero foi inútil contra a súa armadura de ferro. Fénix seguiu lanzando lume pola boca mentres que Kewne tentaba responder con áis lume. Ó final ambos quedaron esgotados e foi cando Cadavron puido lanzar un garfo da Morte a Fénix e deixalo fóra de combate, ó que Attley contestou cun estocazo directo a Kewne, que tamén o deixou fóra.
– ¡Veña Kou, ánimo!
– ¡Vamos Attley, non te rendas!
A pelexa entrámbolos dous compañeiros de fatigas convertérase nunha especie de gran guerra entre o lume e o raio, polos raios de Metar e as chamas da esfera de Kou. De súpeto, un raio de alto voltaxe de Metar deixou paralizado a Kou e foi cando Attley aproveitou a oportunidade, aínda que tropezou con Cadavron e caeu... fóra do ring.
– ¡Victoria para o equipo de Kou! ¡O líder do equipo rival caeu fóra!
Un estoupido de berros encheu o estadio cando o organizador do torneo entregoulle a Kou e mailo seu equipo o trofeo do vencedor da Copa do Lume, a Auga e o Vento. Skale e os outros saltaron das gradas cara o centro do estadio para posar nas fotos e felicitar a Kou, Kewne e Cadavron. Attley, Metar e máis Fénix subiron tamén, algo apoucados, ó centro do estadio cós outros.
– ¡Moi ben Kou! ¡Conseguiches vencer a Attley!
– Xa, pero non o conseguiría de non ser por Cadavron.
– ¿Qué? ¡Non te oio! ¡Fala áis alto, que hai moito estrondo!
– ¡Digo que non o conseguiría de non ser por... !
– ¡¡¡KOU!!!
Antes de que Kou puidera remata-la frase, Selfi botouse enriba del coma se fose un can, como era o seu costume.
Despois da celebración que montaron no estadio, na que Attley bebeu unhas cantas copas de máis e a tiveron que levar entre Skale e Ghosh ata a súa casa, Kou e máis Kewne quedaron pensando na casa en cómo vivirían despois de gastaren todo o diñeiro do premio (que xa case a metade se lles fora na celebración). Skale tamén quedou pensando na súa casa xunto con Lycanth, o amigo licántropo de Skale. Attley estaba tamén na súa casa, pero durmindo despois da borracheira que se deu na festa. Os únicos que non ían ter problemas serían Selfi, Ghosh e Dydra que, como eran os máis ricos da vila, xa tiñan diñeiro suficiente para os vindeiros cincocentos anos...
Ou quizais non; porque á mañá seguinte un estrondo coma o cunha bomba atómica provinte da multimillonaria mansión Rode (onde vivían Selfi e máis Ghosh con Dydra) espertou a tódolos habitantes de Monsbaiya... Kou e máis Kewne foron os primeiros en chegar ó lugar da explosión seguidos de Skale e Attley (esta última levada por Cadavron e Zu xa que aínda estaba a durmir por causa do alcol). Fénix, Pumpkinn, Lycanth e Saber foron os seguintes e para rematar, tódolos demais habitantes da vila.
Cando a espesa nube de fume que cubría a mansión se evaporou, todos puideron ve-la mansión Rode feita unha morea de escombros.
– ¡Non! ¡Selfi!
– ¡Dydra!
– ¡Qwack, Berserk!
– Si, vale... E a min que me leve o demo...
– ¿?
Unha voz un tanto familiar saíra da inmensa morea de escombros. Xusto despois Zu conseguiu ver entre a pedra un mecho de cabelo louro e unha especie de man saíndo de entre os restos da casa.
– Zu, ¿qué é o que miras?
– Pois... non sei. Creo que é Ghosh...
– ¿Ghosh?
Cando os outros viron o que se podía ver de Ghosh (practicamente nada) foron ver se había máis sinais de vida. Skale atopou a Dydra durmindo debaixo dunha rocha de máis de corenta quilos e Kewne descubriu unha especie de fento azul xigante que resultou se-lo cabelo de Selfi.
– Selfi, ¿estás ben?
– Si... Pero, ¿por qué Kewne tentou comerme o pelo?
– …
– Ben, Dydra, xa está a salvo. ¡¿Cómo é posible que semellante besta puidera durmir incluso cando explotou a súa propia casa e quedou debaixo de semellante rocha?!
– Hmmm... Dáme a impresión de que nos esquecemos de algo...
– ¿Ti cres, Cadavron?
– Hmm... ¿Ti que pensas Zu?
– Pois... non sei.
– Ben... Será mellor que vaiamos tomar algo e logo pensamos en cómo imos sobrevivir sen traballo?
– Vale.
– Eh... Que estou aquí... Ola... Quero saír... Hei... ...
Mentres Ghosh intentaba inutilmente que alguén o sacase de aí, Kou e os outros estaban no Pub Manolo tomando algo mentres pensaban a resposta á pregunta do millón: ¿Qué podían facer para gañar cartos a partires de agora?
– Hmmm... Eu penso que podiamos traballar de azafatas.
– ¡Non sexas idiota, Cadavron!
– …
– Ó mellor nos aceptan coma camareiros deste pub.
– Case que mellor... non pensalo...
– Podiamos dedicarnos á mendicidade.
– ¡¡¡SKALE!!!
– Bueno... pois... ¿Qué tal a academia de meu tío Cort?
– ¡¿Cort Saverhagem Tessares?!
– Pois... si.
– ¡¡¡ISO NUNCA!!! ¡Se hai alguén que aturo menos que a ti é ó teu tío Cort!
– Pois di ti algo, Attley.
– Eu penso que podiamos...
– ¿Vender whisky escocés? Mellor non.
– ¡SELFIIII!
– Era broma... Ademais acabarías con el antes de vendelo.
– …
Nisto, unha especie de morto vivinte saíu por detrás de Selfi e dixo:
– ¡Auch! Cómo doe...
– ¡¡¡AHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHHH!!! ¡MORE MORTO! ¡TORMENTA ACUÁTICA!
– ¡¡¡Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhaiiiii!!!
– Pero se é Ghosh...
– Oops...
Cando Ghosh se repuxo do terrible conxuro de Selfi, decidiron ir á casa de Attley, onde tamén vivían Cadavron e Zu, para ver se alí, fóra do mundanal ruído, se lles ocorría algo.
– ¡¿Esta é a túa Casa?! Máis ben parece a do Dalai Lama...
– …
Cando se houberon acomodado no salón, seguiron cos seus pensamentos cara o futuro.
– Tal vez podiamos... ¡Non! Gáñase moi pouco. Quizais... ¡Tampouco! Algún podería morrer no intento. Hmmmmmmmmmmmm...
Mentres Attley pensaba en alto e os demais non tan alto, Cadavron dedicábase a remexer entre a morea de cousas que había nun cuarto ó lado da sala.
– ¿Qué fas, Cadavron?
– Estou busando algo, Zu. Ó mellor é o que buscamos para non ter que pasar fame nunca máis...
– ¿Non será a túa colección de gadañas?
– ¡Claro que non! Xa rexeitaron a idea de converternos en deuses da Morte... ademais... ¿de qué colección falas? Eu non teño ningunha colección...
Pasaron así a mañá e a tarde, e cando anoiteceu, seguían cavilando na maneira de gañar diñeiro cun traballo honrado (xa pesaron en dedicárense a roubar bancos polo mundo adiante, pero non sería boa idea...) ata que quedaron medio durmidos.
Serían algo así como as catro da mañá cando Cadavron berrou:
– ¡¡¡Aquí está!!!
– ¿?
– ¿Qué foi?
– ¿Qué hora é?
– ¿Qué pasa?
– ¡¡¡Atopeino!!!
– ¿O qué?
– ¡O meu órgano electrónico!
– ¿O teu qué?
– ¿Dende cando tes ti un órgano?
– ¿Dende cando sabes tocar?
– ¿Dende cando estamos aquí?
– ¡Ghosh!
– …
– Déronmo cando aprobei o exame de deuses da Morte. ¿Ou pensades que os deuses da Morte non fan máis que matar xente?
– Os deuses da Morte non sei, pero ós arlequíns non lles ensinan a toca-lo órgano.
– ¡Eu non son un arlequín! ¿A que non, Zu?
– Pois... non sei.
– ¿E dis que este órgano nos vai soluciona-los problemas de traballo?
– ¡Pois si!
– ¿E como? ¿Fai ouro mentres tocas ou algo así?
– ¡Non! Eu digo que podiamos converternos nun grupo musical.
– ¿Un grupo musical sen solista e cun órgano electrónico como único instrumento?
– ¡Non! ¡Xa sei ónde quere ir parar Cadavron coa idea de sermos un grupo!
– ¿Sábelo, Skale?
– Si... É moi fácil: supondo que Cadavron sabe tocar este chisme, xa temos todo o que se necesita para formar un grupo.
– ¿?
– Si, mirade; eu, como todo o mundo sabe, fixen un curso de guitarra eléctrica no mesmo sitio onde fixen un curso de robótica antiga; Kou xa tocou o órgano en varias festas locais; Zu é un fenómeno dos instrumentos de vento; Selfi pode po-los efectos especiais...
– ¿Pero quén podería cantar?
– Pois... non sei.
– ¡Eu podo!
– ¿Ti?
Ghosh erguérase todo decidido pensando en se-lo solista; algo realmente estúpido, xa que a última vez que Ghosh cantara nunha festa comezaron a caer raios e quedara todo o escenario chamuscado.
– Daquela podo cantar eu.
Esta vez foi Attley a que se ergueu solicitando o posto de solista; cousa que tampoco estaba tan mal, xa que tiña unha bonita voz. A voz de Attley era coma un lago tranquilo, todo o contrario que cando estaba anoxada, que máis ben parecía cuspir grandes labaradas de lume pola boca.
– ¡Moi ben! ¡Todo está decidido! ¡Vaiamos a Halka co diñeiro que sobrou do premio e apuntémonos á nova Academia de Artistas!
– ¡¡¡Siiiiii!!!
– Vale, ¿onde está o diñeiro?
– Antes estaba aquí...
– …
De súpeto foise a luz e do teito e das paredes saíron uns seres escuros que non parecían vir só de visita.
Cando volveu a luz, Kou e os outros víronse rodeados duns estraños homes con gabardina. Un deles, máis baixo e máis gordo có resto, avanzou e dirixiuse a eles.
– ¿Buscades... isto?
– ¡¿Qué?! ¡¿Cómo é que esta albóndega con patas ten o noso diñeiro?!
– ¡Un pouco máis de respecto, señorita! ¡¿Acaso non sabe con quén está a falar?!
– E... Creo que non o sabe, xefe...
– ¡¡¡IDIOTA!!! ¡¡¡Xa sei que non o sabe!!! ¡Só era unha expresión! Ben, eu son Mr. Vokka, o capo máis importante de Halka.
– ¿Dixo Vodka?
– ¡Non, creo que dixo Boca!
– ¡¡¡NON!!! ¡Dixen Vokka! ¡¡¡VOKKA!!!
– É un diminutivo, en realidade chámase Mr. …
– ¡¡¡NON O DIGAS, DESGRACIADO!!! O caso é que xamais recuperaredes esta bolsa. Este diñeiro agora é meu. ¡Roubeino honradamente!
– ¿Honradamente? ¿Dende cándo roubar é un acto honroso?
– ¡¡¡Xa basta de preguntas!!! ¡Se queréde-lo voso diñeiro teredes que traballar para min como gangsters!
– Dise mafiosos, xefe.
– ¡¡¡Dáme igual cómo se diga!!! Ben, ¿aceptades? Se non aceptades, ¡xamais recuperaréde-lo voso diñeiro!
– ¡Xamais! ¡Nunca nos poremos da parte do mal! Témo-la nosa dignidade...
– ¡Ben dito, Attley!
– Nese caso, non nos queda outra que matarvos aquí mesmo... ¡Preparádevos!
Un dos mafiosos de Mr. Vokka sacou unha metralladora e, despois del, tódolos demais. Aquela habitación que Selfi comparara coa do Dalai Lama converteuse nun campo de tiro cos mafiosos de Vokka disparando coas súas metralladoras e Kou, Selfi, Skale, Attley e os outros disparando conxuros.
Os mafiosos de Vokka conseguiron atinarlle a Selfi no ombreiro, pero Attley tombou a máis de dex dun estocazo e Cadavron deixou inconscientes a outros tantos coa súa gadaña. Para rematar Ghosh tropezou co pé de Skale e fixo caer unha tonelada de trastes que tiña Attley amontoados por aí enriba dos que quedaban sen querer.
– ¡Isto non quedará así! ¡Verémono-las caras máis tarde! ¡Xa o veredes!
Despois de acabar de falar, Vokka e os mafiosos que quedaran vivos fuxiron por unha escada deixando a maior parte do diñeiro que roubaran.
– Ben, parece que os espantamos coma moscas... ¡E ata nos devolveron o diñeiro!
– ¡Non, Selfi! ¡Agarda!
En canto Selfi tentou colle-la bolsa cos cartos do torneo, unha rede saíu dela seguida dun estoupido. Cando o fume se disipou, onde estaban Selfi e a bolsa agora estaba unha nota que dicía así:
Se queredes volver ve-la vosa amiga, vide a Halka a por ela. Deixámosvo-los cartos que vos roubamos para que poidades paga-lo transporte.
Asinado: Argus Vokibranka
(Mr. Vokka)
– Hmmm... Parece que van en serio. Teremos que ir ata Halka se queremos rescatar a Selfi.
– Eu penso que os que necesitarán ser rescatados van ser eles... ¡Hehehe!
– Poida que Skale teña razón. Pero eu non penso arriscarme. ¡Imos a Halka amigos!
– ¡¡¡Siiiii!!!
E así comezou unha nova viaxe de Kou e os outros, esta vez todos xuntos e acompañados por Cadavron e Zu. ¿Que lles deparará o futuro?
– Pois... non sei.
