
~Literatura SkSiana en Galego
Arredor de finais da secundaria eu tiña unha profesora que soubo moi ben espolear a paixón literaria dos seus estudantes. Non tiña ela culpa de que o único dos seus estudantes con paixón literaria fose eu, pero o caso é que, gracias a iso, aquela foi unha época en que tiven azos dabondo coma para cer que podería chegar a ser, algún día, un gran escritor. O galego que adoito empregar nestas historias non é o constructo ortopédico que está de moda agora, senón a lingua natural e orgánica de finais de século, cando o idioma alcanzara o seu máximo potencial creativo ata os nosos días.
2001~2003
As viaxes de Kou Zure
Estas historias fíxenas entre o último ano de secundaria e o primeiro de bacharelato e están fundamentalmente inspiradas na música que eu escoitaba daquela. Inicialmente ían ser tres (ou catro) novelas nas que se desenvolvían as aventuras duns personaxes baseados en certo videoxogo, que pasaban de heroes matadores de monstruos a estrelas do pop e a enfrontárense con mafiosos e outra xentiña do estilo. Daquela estaba comezando a interesarme seriamente polo tema místico, de maneira que sempre adoitaba meter temas espirituais e creaba un mundo cheo de maxia e seres mitolóxicos.


Claustrofobia
2001~2002
Outra historia da mesma época, aínda que de tema diverso, pero cun estilo medianamente similar, polo estraño, á anterior. Trátanse das aventuras dos profesores dun colexio medio en ruínas (o meu), que loitan contra demos e demais criaturas escuras, viaxan entre mundos e desenvolven habilidades sobrenaturais, fruto da maxia, da ficción científica ou de ambas, co obxectivo de sacar o seu colexio dun vórtice interdimensional e vencer á Morte, o seu eterno inimigo.
This is a Paragraph. Click on "Edit Text" or double click on the text box to edit the content and make sure to add any relevant information that you want to share with your visitors.
2002~2003
De curta vida material pero revolucionaria ideoloxía (non vai ser menos, é a miña xD), trátase esta vez das vivencias cotiás dos personaxes relacionados coa editorial Nummen, na cal se publican os grandes éxitos dos meirandes escritores do momento, entre eles, do grandioso Skale Saverhagem.
Por regra xeral, os nomes dos personaxes desta historia adoitan ser todos estraños, coma Mencuzoh Rayspin ou Faustino Claustrofobia, e trátanse temas socialmente delicados co humor e naturalidade que me caracterizaban naquela época da miña vida. De feito, eu sempre fun un inexorable detractor da censura, ¿ou qué vos pensades?
texto non dispoñible =(

Nummen
~SkS, garantía de calidade~
Para ver tódalas publicacións actuais do autor, non dubide en premer o seguinte enlace.