Duelo nos Campos do Leste
- Skale Saverhagem
- Jan 3, 2003
- 11 min read
Updated: Nov 13, 2024
Monsbaiya, a vila natal de Attley Willow, Kou Zure, Ghosh Rode e Selfi Rode, é o lugar de onde a terrible Nube Escura invocada polo malvado espírito do feiticeiro Beldo saíra cara os outros dous Puntos de Confluencia Astral que sinalara o vello meigo Marzin; a Torre Tarolisk por un lado, e polo outro as Covas Halsiphom; e dende alí invadiría o planeta enteiro transformándoo así nun planeta escuro. Para evitar esta horrible traxedia, Kou e Skale saíran cara un dos puntos dos que falara Marzin e Selfi e Attley cara o outro, atravesando os campos ao Leste de Monsbaiya.
Nos campos do Leste adoitaba soprar un forte vento co que era moi dificultoso atravesalos e chegar máis aló. Attley e Selfi, acompañadas polo Espírito do cemiterio de Darkshire ó que Beldo condenara a pasa-la eternidade na Terra en lugar de ascender ó ceo. Como dicía, nos campos sopraban fortes ventos que facían complicado avanzar por eses paraxes cheos de herba e algunha que outra árbore de cando en vez, e por iso lles custaba un anaco a Attley e a Selfi o simple feito de dar un paso.
– ¡Arrrrrrggg! ¡Imos... aló...! ¡Veña! ¡Xa...case... está...! ¡¡¡ARRRGGH!!!
– ¡Eu sabía un conxuro para estes casos... pero... non me lembro de cal era...!
– ¡Xa case semellas Marzin... estate comenzando a contaxia-la súa... demencia... senil...! ¡Arrrggh! ¡Faise complicado avanzar por estes camps...!
– ¡Xa..., pero ó Espírito parece resultarlle más... doado... ahhhh!
O Espírito podía ir ben polos campos, xa que non é un ser con substancia, coma as outras dúas e iso amolaba moito a Attley, pois sentía xa case tanto odio cara o Espírito coma tiña contra Skale e os seus chistes malos.
****************************
Mentres, nun lugar das montañas do Norte, dous seres escuros saídos da Nube estaban preparando un plano có que dete-lo avance de Attley, Selfi, Kou, Skale e Kewne. Un deles era a harpía-león que perdera contra a ira homicida de Attley no deserto de Monsbaiya, xusto antes de que Selfi e Attley o atravesaran para chegar aos campos do Leste; o outro era un ser humanoide duns dous metros e medio, se se lle conta o inmenso gorro que levaba na cabeza, e cunha enorme gadaña algo enferruxada na man esquerda. Este último parecía se-lo xefe da operación.
– Ben... vexamos... Dis que atopaches a dous suxeitos sospeitosos saíndo da vila onde está a torre pola que chegou a Nube ó mundo, ¿non?
– Eran tres; un deles estaba morto e tiña forma de espírito...
– Xa vexo... ¿E por que fuxiches no canto de aniquilalos alí mesmo? Era o teu terreo; tanta area xunta non a vas atopar por ningures.
– Xa, pero non serviu de nada Cadavron. O morto fíxome perde-la concentración e logo a fulana cos cabelos de lume lanzoume de volta cara aquí dunha estocada. Penso que son fortes de máis para nó-los dous...
– ¡¿Pero que me estás a dicir, Zu?! ¡Se nós sómo-los máis poderosos do noso grupo! ¡É IMPOSIBLE que sexan mellores ca nós!
– Iso pensaba eu antes... Pero, ¡hai que ver cómo zosca a tipa esta cando está cabreada! ¡Nin o mesmo Maisoul, Rei dos Demos Escuros, sería quén de facelo con máis forza! ¡E dígoo en serio, non vaias pensar que eu tomo estas cousas a broma!
O tipo alto, ó que Zu, a harpía-león, chamara Cadavron, quedou un intre pensativo e logo dixo:
– Oes, Zu. ¿Tes idea de onde anda agora ese trío?
– Cando me lanzaron oínlles dicir que ían cara os Campos do Leste...
– ¡Xenial, Zu; iso é xenial! Nos campos do Leste sopran ventos moi poderosos... ¿Sabe-lo que iso significa, Zu?
– Pois... non sei.
– ¡Veña Zu, imos cara os Campos do Leste! ¡¡Hahahahahaha!!
Dito isto, Cadavron e máis Zu saíron voando cara onde se atopaban Selfi, Attley e o Espírito, que eran incapaces de saír daquel ventoso lugar.
****************************
Con medio quilómetro de planicie diante delas, Attley e Selfi continuaban avanzando polos inmensos campos coas fortes correntes de aire dándolles de fronte e impedíndolles moverse demasiado de cada vez. Parecía que nunca ían chegar ata o final cando viron no ceo dous puntos de luz procedentes das montañas que parecían achegarse a gran velocidade cara elas e mailo Espírito, que andaba dun lado cara outro facendo pailanadas e escachando coa risa do moito que lles custaba avanzar ás dúas* por causa do vento.
Unha vez que os puntos de luz procedentes das montañas se achegaron e tomaron terra, Selfi e Attley recoñeceron a Zu pola anterior loita que tiveran no deserto, pero viron que o acompañaba alguén que semellaba aínda máis poderoso ca el: Cadavron.
– ¡Hahahahaha! ¡Os que ousades desafia-la escuridades seredes aniquilados aquí mesmo por orde do noso señor Maisoul!
– ¿Maisoul? ¿Pero ese non estaba morto?
– ¡Maisoul diríxenos dende o mundo dos mortos porque espera revivir! Agora, deixádeme continuar...
O que falara era Cadavron, o tipo alto da gadaña e o pucho enorme verde. Tentaba parecer aterrador, pero a súa voz era suave de máis para que o tomasen en serio aínda despois de poñela estilo militar. Despois continuou dicindo:
– ¡Este é Zu; creo que xa vos coñecedes! Zu évos un experto creando tornados polo que suporedes que o combate que tivestes con el no deserto foi soamente un pequeno despiste... ¡E eu son Cadavron, o máis mortal deus da Morte que hai en todo o universo! Hehehe...
– Pois... máis ben semellas un boneco de trapo un tanto crecido con cara de arlequín que un deus da Morte...
– ¡¡¡Non son un arlequín, son un deus da Morte!!! ¡Agora veredes, ides morrer! ¡Veña Zu, imos!
Estaba a piques de comezar un combate entre Selfi e Attley contra Cadavron e Zu; a corrente de fortes ventos era un impedimento máis co que Selfi e Attley terían que loitar.
Selfi comezou invocando un muro protector de auga por se acaso, pero ó estaren nun campo de vento, o muro de Selfi non aguantou nin un golpe seco da gadaña de Cadavron e rompeu.
– ¡Isto non val para nada! ¡Temos que pasar ó ataque, Selfi!
Dito isto, Attley tentou atacar a Cadavron e a Zu co seu Blessire, pero os fortes ventos que sopraban contra a súa cara impediron que fose o suficientemente veloz como para dar unha estocada certeira nalgún deles, polo que aproveitaron para lanza-lo seu seguinte ataque. Zu creou un tornado meirande có que fixera no deserto cando loitaron contra el. As correntes favoreceron que o tornado se espallase rapidamente cara Selfi e Attley, pero desta vez non estaban desprevidas e non lles foi difícil esquivalo usando o orbe de lume de Attley.
– ¡Maldición, ten un orbe de lume! Zu, ti non mo dixeras...
– É que... non me lembrei...
– ¡¡¡Hahaha!!! ¡Agora ides morre-los dous! ¡¡¡Ataque de lume!!!
Do orbe de Attley saíu unha ardente lapa dirixida cara eles e, como o vento ten debilidade ó lume no que se refire á maxia elemental, as correntes non impediron que a lapa saíse disparada con forza cara Cadavron e Zu; o único foi que os ventos desviaron o brazo de Attley no momento de disparar e a lapa saíu disparada cara unha árbore que había ó lado, queimándoa por completo.
– ¡Hahahaha! ¡Mentres esteamos neste territorio ventoso xamais poderedes vencernos! ¿Non si, Zu?
– Pois... non sei.
– ¡¡¡Desgraciado, tes que dicir que si!!!
– Ben, de acordo... Pois si.
Pero a árbore incendiada por Attley, ademais de quedar completamente calcinada, espallara o lume das brasas que quedaban ciscadas pola herba e, co terrible vento avivando as pequenas lapiñas que había nos restos, a parte de campo que había entre Selfi, Attley e o Espírito, que estaba a ve-lo combate con moito interés, e Cadavron e Zu comezou a arder dunha forma incriblemente forte, amainando así os terribles ventos que sopraban e cambiando as tornas da loita ó favor do equipo de Attley e Selfi.
Cadavron e Zu, ó seren critaturas elementais de vento, non tiñan posibilidades de gañar nun campo de lume, mentres que agora o muro protector de Selfi funcionaba perfectamente e protexíaas de quedar feridas polo lume deixando a Cadavron e a Zu a mercede do perigo.
– ¡Maldición, Zu! ¡¿Para que abríche-la bocaza?! ¡Agora imos morrer abrasados coma se estivesemos nun churrasco de carne!
– E... ¿se saímos voando?
– ¡Boa idea, Zu! Saiamos de aquí antes de quedar torrados coma dúas torradas nunha torradora...
Ó dici-la última palabra, Cadavron e Zu saíron voando do ardente escenario no que estaban rodeados polas chamas e Selfi e Attley quedaron soas xunto có Espírito, que non facía máis ca observa-lo panorama.
– ¡Selfi, acorda! ¿Non sabes algún feitizo para para-lo avance do lume?
– Pois... déixame ver... hmmm... hmmm... ¡Si, creo que si! Agarda un chisco...
– ¡Apura, Selfi, que o muro non vai durar sempre!
Por riba, nos ceos, Cadavron e Zu aínda estaban por aló, asistindo á posible morte das dúas heroínas por mor do irreductible e todopoderoso lume. Mentres Selfi lembraba as palabras do feitizo para a choiva, estes dous esperaban velas mortas para poder informar de seguido ós outros seres de escuridade.
– ¡Veña, morrede dunha vez! Zu, ¿como poden tardar tanto?
– Pois... non sei.
– ¡¡Di algo distinto para variar, ho!!
– É que non se me ocorre nada mellor.
– Bueno, é igual... Zu, hai algo que me intriga.
– ¿E que é?
– ¿Por que dirían esas dúas que eu parezo un arlequín? ¡Cando está á vista que son un grandioso deus da Morte!
Nese intre, abaixo, nas chamas, Selfi xa dera co conxuro adecuado para dete-lo avance do lume polos campos do Leste.
– ¡¡¡Choiva Pálida, eu invócote!!! ¡AGORA!
De súpeto, o ceo comezou a escurecerse e das nubes que agora estaban formadas comezaron a caer miles de millóns de pingas de choiva sobre os campos do Leste, deixándoo así sen unha mísera lapiña de nada. Ó notaren os chuzos, Cadavron e Zu aproveitaron para baixar a terra e continuar co duelo, esta vez en igualdade de condicións. Attley e Selfi víronos baixar, polo que tamén se prepararon para o desenlace do duelo; Attley coa súa espada Blessire e Selfi cos seus conxuros de auga. O Espírito continuaba a contempla-la escena, todo emocionado de ver por fin cál dos dous equipos sería vencedor. Unha vez tomaron terra, proseguiu o duelo:
– ¡Estocada de Dragón!
– ¡Choiva Pálida, ataca!
Cadavron esquivara axilmente a estocada de dragón de Attley e contraatacou cun golpe ben dirixido a súa gadaña que lle produciu un leve corte na perna esquerda a Attley. Selfi arremeteu con toda a furia da Choiva Pálida cara Zu, que non foi quén de esquivala e recibiu un forte impacto que o deixou aturdido, mentres que Selfi seguía lanzando masas de auga usando a Choiva Pálida. Attley, co rabuñazo da gadaña de Cadavron na perna, continuaba a lanzar estocadas a destro e sinistro cara o suposto deus da Morte con pinta de arlequín, que ás veces esquivaba os golpes e outras veces non era quén de facelo, dada a incrible rapidez de Attley, polo que recibía fortes golpes no peito e na cintura, xa que tiña un traxe especial a proba de cortes.
Zu, en troques, seguía aturdido polo golpe de auga de Selfi. Mentres Attley continuaba a dar estocadas, Cadavron tentaba alonxarse para poder lanzar algún golpe el tamén, pero éralle case imposible, xa que tiña a Attley enriba e, coas ás todas empapadas de choiva, tampouco estaba moi áxil. Mentres, o Espírito, que deixara o seu posto de observador privilexiado, achegouse ó campo de batalla para intervir el tamén na loita, cando voltaron soprar os ventos, esta vez con menos forza e en dirección oposta.
O Espírito, que sentía atracción de tipo espiritual por Attley, achegouse a ela coa mesma intención de sempre, a de posuíla, pero ó ver que estaba a loitar vivamente con Cadavron, mentres que Selfi tiña practicamente derrotado a Zu, xa co primeiro golpe, tentou chama-la atención de Attley revoando arredor súa. Sucedeu a reacción esperada: Attley tentou espanta-lo Espírito perseguíndoo ata que liscase de alí e a deixase tranquila, momento que Cadavron aproveitou para alonxarse un pouco e lanzarlle un conxuro:
– Agora vas ve-lo auténtico poder dun deus da Morte... ¡¡¡Lóstrego da Morte!!!
O conxuro de Cadavron do lóstrego da Morte consistía en concentra-las forzas dois raios e da escuridade na súa gadaña e lanzalos nun veloz lóstrego que deixaba indefensas ás súas incautas víctimas, facéndoas perder toda a súa forza. O lóstrego foi dar plenamente en Attley revestíndoa cun brillo verdoso que arrepiou ó Espírito, que saíu voando cara a un lugar seguro. Os efectos foron instantáneos: Attley quedou axeonllada no verde chan de herba, coa espada que xa non podía con ela e cunha expresón que xa non era a súa, de forza ardente, senón máis ben de moribunda ou de enferma, como se estivese a piques de pasar á outra vida.
– ¡Hahahaha! O meu lóstrego da Morte funciona ata co dragón máis poderoso das Terras de Lume. E o resultado é o mesmo: a debilidade máxima, ¡hahahahahahahahaha! ¡Deixa ós meus inimigos tan febles que morren dun simple golpe dos meus! E agora... tócache morrer a ti, Attley. ¿Por que? ¡¡¡Pois por terme chamado arlequín!!! ¡¡¡Iso é algo que non aturo!!! ¡MORRE!
– ¡Ei ti, arlequín!
Un chorro de auga a presión saíra disparado cara Cadavron ó mesmo tempo que daba a volta cara Selfi, que xa acabara con Zu había uns segundos. Cadavron, enfurecido, foi directamente cara Selfi para matala, deixando a Attley no chan medio morta; ocasión que aproveitou o Espírito para intentar posuíla. Mentres Cadavron fería colérico a Selfi, Attley comezara a bailar danzas hawaianas e a actuar coma se bebera varios litros de whisky con xeo por influencia do Espírito, que xa a posuíra outra vez.
– ¡Morre! ¡A min ninguén me chama arlequín e vive para contalo!
Selfi tiña xa cortes nos brazos, nas pernas, nas costas... todos eles producidos pola gadaña de Cadavron; algúns máis profundos ca outros, todos eles botaban sangue coma condenados, debilitando cada vez máis a Selfi, ata o punto de quedar paralizada no chan, sen forzas para invocar maxia de auga. Mentres, na mente de Attley, estábase a librar un duelo semellante ó que mantiñan Cadavron e Selfi:
– Baila... baila... segue a bailarrrrrrr. ¡Hihihihihi!
– Estou... feble... non... podo... máis.
– Así me gusta; réndete e déixame actuar a min. ¡Hihihihihihihihihi!
– Non... podo... teño... que... vencer...
– Non podes, non... Tesme que obedecer a min, ¡hihihihihihi! Eu son agora o teu amo...
– Xamais... eu... heite... derrotar...
– Non podes, estás feble. Ó final gañeiche, ¡gañeiche! ¡¡¡Hihihihihihihihihihihiiiiii!!!
– Non... ti... non... podes... gañar... Eu... non... obedecerei... Eu... son... ¡¡¡ATTLEY!!! ¡¡¡ARRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRGGGHH!!!
Fóra da mente de Attley, Selfi apuraba os conxuros de curación evitando os golpes de Cadavron, pero aínda así non o ía ter doado. Pero de súpeto, cando as cousas parecían que non podían peorar máis. Unha grande chama vermella iluminou o campo, despexando o ceo de nubes e parando a choiva. Attley, que xa se librara da influencia do Espírito, estaba furiosa e chea de ardente ira, e semellaba estar totalmente recuperada do ataque de Cadavron.
– ¡¡¡Hasmas pagar!!! ¡¡¡Espírito, morrte!!! ¡¡¡ORBE DE LUME, ESTOCADA INFERNAL!!!
O ataque final de Attley, a terrorífica Estocada Infernal, ía directa cara o Espírito, que estaba xusto diante de Cadavron. Cando a potente estocada ía dar no Espírito, este apartou e deixou que dese de cheo no pobre Cadavron, que saíu disparado cara o recén recuperado Zu, que voltou a se aturdir.
– ¡Veña, Attley, dálles o golpe de gracia!
– ¡¡¡HAAAAAAAAAAA!!! ¡¡¡MAGNA FLAMENCO!!!
Do orbe de lume de Attley saíu unha tremenda columna de lume que enviou a Cadavron e a Zu polo aire, lonxe dos campos do Leste. Attley, unha vez reposta do ataque de ira, mostrou cara de satisfacción ó eliminar polo momento a eses dous e, agora que a corrente sopraba ó seu favor, ela e máis Selfi, acompañadas polo Espírito, proseguiron o seu camiño ata chegaren a unha pequena vila ó carón dun fermoso e cristalino lago arrodeado de preciosas e grandes árbores.
– ¡Mira Attley! ¿Iso non é a vila de Kargo?
– Pode ser... Iso quere dicir que... ¡¡¡cruzamos os Campos!!!
– ¡¡¡Vivaaaaaa!!!
A viaxe de Selfi e Attley semella ir vento en popa; co Aurum Henker na bolsa de viaxe, Attley e Selfi diríxense cara a un único destino; a Torre Tarolisk, onde acabarán por fin coa escuridade no mundo e librarán ó planeta de seres coma Cadavron e Zu, que por certo, ¿que sería deles?
____________________________________
*Enténdase a Selfi e Attley.
Comentarios