O Pacto da Morte
- Skale Saverhagem
- Apr 1, 2003
- 10 min read
Updated: Nov 13, 2024
(Relato orixinalmente escrito no ano 2001, incluído na segunda parte das viaxes de Kou Zure na súa publicación en 2003)
– ¡¡¡Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!
– ¿Que pasou?
Nada, silencio...
Situámonos nunha vila, unha vila ó lado dun bonito bosque, un bosque onde hai un lago no que se di que había un espírito das augas.
Algúns din que tódalas mortes ocorridas naquela vila os últimos días eran debidas a que unha mala influencia estaba controlando a ese espírito protector da vila; outros pensan que se trata dun asasino en serie que anda solto pola vila.
Agora, situémonos na historia:
Era un día soleado. Na vila había un mercadiño que se estendía por tódalas rúas; era moi doado ver unha multitude de xente reunida nun mesmo sitio esperando o seu turno para mercar algo, xa fora comida, zapatos, xoias ou ata estraños obxectos con poderes máxicos. Entre toda esa multitude destacaba a figura dun ser que ocultaba todo o seu corpo cunha gran capa negra, da cor da Morte. Ninguén parecía decatarse de que existía, porque non lle facían caso; só dicían que cando te achegabas uns metros a aquel ser sentías como unha sensación de pureza áurica que invadía todo o teu espírito, como cando escóita-lo canto das sereas ou cando vez a unha ondina nos lagos das montañas nórdicas. Onde estaba ese misterioso ser era sempre onde se producían as mortes, aínda que os corpos dos asasinados nunca aparecían.
Nunha parte da súa viaxe, atravesando as montañas, Kou e máis Skale chegaron un día por casualidade á vila. Kou ía acompañado polo seu dragón Kewne. Nada máis chegar, viron unha morea de carteis idénticos fixados en tódalas paredes das casas. Dicían así:
Búscase cazatesouros para atopar e eliminar ó asasino que anda ceibe matando xente. A recompensa será xenerosa.
– Ben, imos dar caza a ese terrible ser.
Os tres: Kou, Skale e Kewne chegaron á pousada da vila para hospedárense alí e averiguar ónde se escondía ese ser malvado.
– ¡Oes, ti!
– ¿Quen? ¿Eu?
– ¡Si, ti! ¿Que sabes sobre esas mortes que ocorreron na vila?
– Eeeeeeu... eu non sei nada...
– ¡¡¡NON MINTAS!!!
– Tranquilo Skale, xa atoparémo-lo asasino pola mañá.
– Está ben...
Pois ben, á mañá seguinte Kou foi investigar no misterioso lago do bosque xunto co seu dragón, mentres que Skale quedou na vila interrogando a todo o mundo sobre o tema.
Kou penetrou no bosque co seu dragón Kewne. Kou levaba unha espada de aceiro mentres que Kewne podía defenderse disparando bolas de lume. Dentro do bosque, Kewne divisou unha especie de pegadas na herba. Achegáronse a esas pegadas e viron que, onde estaba cada pegada, había unha especie de rastro formado por auga. Kou e Kewne seguiron esas pegadas xunto co rastro de auga pensando que lles conduciría ó lago.
No lago estaba ese misterioso ser coa capa negra xunto con outro individuo igual vestido. Un deles parecía estar rifándolle ó outro:
– ¡¿Por que diaños non me traes máis víctimas, eh?!
– ¡¡Non podo máis, non quero que morra máis xente!!
– Ben... Recorda que se non me proporcionas víctimas ao saíres do lago, eu rompo o Selo do Pacto e volves quedar presa neste lago, ademais de perdére-los teus poderes. ¡¡¡Hahahahahahahahaha!!!
– ¡¡¡Non!!! Está ben, dareiche máis almas...
– Sabía que accederías.
Dito isto, o outro ser desapareceu nun fogo fatuo e o primeiro quedou no lago moi abatido, triste, chorando de melancolía...
Kou e máis Kewne estaban agachados detrás dunha árbore e descubriron o que a Morte tiña entre mans: utiliza-los poderes da ondina do lago para enfeitizar a toda a Terra e facer que os seus habitantes sucumbisen ante ela, entregándolle tódalas almas á Norte; ademais oíran non sei qué dun pacto que tiñan e que a Morte tiña o selo que valida o pacto; se a Morte rompese ese selo, a ondina quedaría sen os seus poderes e a xente da vila perdería ó seu espírito protector...
Kou decidiu achegarse ó lago xunto con Kewne agora que a Morte xa marchara. A ondina deuse conta de que alguén se achegaba:
– ¿Eh? ¿Quen é? ¿Morte?
– Non, son Kou e este é o meu dragón Kewne. Ímosche axudar a liberarte da Morte.
– ¿Poderías romper ti o Selo do Pacto? Se o rompes eu sería libre e a Morte xa non podería usa-la miña influencia...
– ¡De acordo! Axudarémosche, ¿non Kewne?
A ondina explicoulles que perto da vila había un golem que coñecía a entrada ó antigo laboratorio de Dédalo, o mítico inventor. Alí podía haber algo para romper o Selo. Kou foi á vila a contarllo a Skale.
– ¡¡¡¿¿¿Como???!!! ¡¡¡Unha ondina!!! ¡¡¡Temos que axudala!!! Atopei un golem ó norte da vila mentres facía o meu percorrido interrogatorio, quizais sexa ese o golem que buscas.
Kou, Kewne e máis Skale foron a ver aquel golem para preguntarlle polo laboratorio de Dédalo. Ó norte da vila estaba, sentado nun pequeno monte, un enorme ser de rochas: o golem. Skale preguntoulle ó golem ónde estaba o laboratorio:
– ¡¡¡¿Onde está o laboratorio de Dédalo?!!! ¡¡¡Veña, confesa, sei que o sabes!!! ¡¡¡Lévanos ata el!!!
O golem, un pouco aturdido polos berridos de Skale, accedeu a levalos ata alí e, cando soubo o que pretendían, tamén accedeu a axudarlles a rompe-lo Selo da Morte.
Despois de atravesaren o bosque, chegaron ata unha construcción en ruínas que, segundo o golem, era o laboratorio de Dédalo. Golem (así decidiron chamarlle) abriu camiño polos escombros ata chegar á sala principal onde, antes de morrer, Dédalo fixera unha morea de planos e máquinas e ata un escudo que reflicte os conxuros; tamén había un robot desactivado ó fondo da sala que, segundo parecía, debía se-lo gardián do laboratorio para que non roubasen nada.
Ó ve-lo escudo, Kou pensou en collelo; e colleuno. Ó momento de collelo, un estraño ruído que proviña do robot arrepiou a todo o grupo: ¡O ROBOT ACTIVÁRASE! Ese robot levantouse e atacou ó grupo, tiña moita forza. Skale recordou que, antes de ser cazatesouros, fixera un curso de robótica antiga (aínda que non o rematara); así que, mentres Golem agarraba fortemente ó robot, Skale descubriu un panel que servía para programa-la personalidade do robot. Skale conseguiu reprogramalo para que fose máis dócil en non lles atacase. Kou decidiu usa-lo robot para encontra-lo que rompería o Selo:
– Robot, ¿onde está un obxecto máxico que se pode usar contra os demos para rompe-lo selo do pacto?
– ... Son Daedalus, un robot programado para ser fiel ó meu crador. Xamais vos direi semellante cousa...
– ¡¡¡Dínolo se non queres que te desactive para sempre, desgraciado montón de ferralla!!!
Despois de darlle unha labazada ó robot, accedeu a mostrárlle-lo que buscaban. Ensinoulles un mapa que levaba a outro laboratorio onde Dédalo tñia os seus máis prezados inventos; despois diso, Daedalus accedeu a guialos ata alí.
****************************
– ¡¡¡Ondina!!! ¡¿Por que diaños non me traes máis almas?!
– Síntoo Morte. Estiven pensando...
– Unha forma de racha-lo pacto, ¿non? É imposible; non poderás nunca. Agora vai e tráeme almas, moitas almas. ¡¡¡Hahahahaha!!!
****************************
Ós pés do laboratorio secreto de Dédalo, o noso peculiar grupo* estaba feliz porque ían conseguir racha-lo selo, salva-la vila e obter unha grande recompensa: 2000 moedas de ouro, polo menos...
Xa na porta da sala principal onde estaba tódolos obxectos máis prezados de Dédalo, todo o grupo oíu un ruído que viña de dentro. Golem tirou a porta e todos descubriron un espectro manipulando uns intrumentos científico-máxicos do laboratorio. De súpeto, sentiron unha man xélida por detrás:
– ¡¡¡Ahhhhhhhhhhhhhh!!!
– ¡Shhhhhhhhhhh! Son eu...
– Ondina, ¿que fas aquí?
– Escapei do lago sen que a Morte se decatase. Eu tamén quero axudar...
– ¡¡¡¿¿¿COMO???!!! ¡¡¡A ONDINA!!!
Por culpa do último ouveo de Skale, o espírito que estaba no laboratorio decatouse da presencia do famoso grupo:
– ¡¿Quen sodes?!
– Este laboratorio era do meu mestre. FÓRA.
– ¡Non! Estou a piques de descubri-la fórmula máxica que me devolverá a vida para así poder domina-lo mundo. ¡Hahahahaha!
Daedalus tentou dete-lo espírito, pero os espíritos igual cas pantasmas son entes sen corpo e non se lles pode facer dano físico.
– ¡Hahahahaha! Son Beldo, o feiticeiro tenebroso. Cando vivía, estaba no alto dunha torre controlando todo o universo, pero un día veu un desgraciado que conseguiu matarme. Pero as ansias de vinganza que eu tiña impedíronme ir cara a outra vida quedando convertido en espírito. ¡¡¡Agora estou tentando domina-lo universo de novo, e non mo ides impedir!!!
– ¿Beldo o feiticeiro? Skale, ¿non era ese o tipo que eliminamos no cemiterio; o que matou a meu pai na Torre?
– Pois... Pode ser. De feito éo. Ten os mesmos ollos carmesí e os cabelos de cor azul que cando estaba vivo.
– ¡¡¿¿Que??!! ¡Ti! ¡Ti é-lo fillo de Guy, o cazador que eu mesmo matei! ¡E ti fuches tamén o desgraciado que acabou comigo no cume da Torre dos Monstros e no cemiterio de Darkshire! ¡¡¡Nunca cho perdoarei!!! ¡¡¡MORRE!!!
O espírito de Beldo atacounos usando os seus poderes de feiticeiro tenebroso, pero Daedalus colleu unha especie de pos máxicos que lanzou ó espírito de Beldo, atrapándoo nun selo máxico. Feito isto, Daedalus déulle-la Vara de Dédalo: un instrumento para combater demos poderosos coma a Morte.
****************************
Mentres, no lago, a Morte descubrira que a ondina escapara:
– ¡¡¡ONDINAAAAAAAAAA!!! Da igusl. Esperareina aquí e cando volva... Dareille o seu merecido por fuxir de min. ¡Hahahahaha!
****************************
– Seguramente a Morte xa se decatou da mñia fuxida; porá demos nos arredores para levarme ó lago, e alí... ¡Alí torturarame ata morrer!
– ¡Non chores! Eu, Skale, ocupareime de que os demos da Morte non te atopen. Podes contar comigo. E con Kou tamén, ¿non?
– Claro. Todos estaremos listos para rachar ese selo. Pero... ¿por que aceptaches facer un pacto coa Morte?
– Eu non souben quén era el ata que firmei o pacto. Ademais sentíame soa e quería saír do lago para coñecer máis xente. Enganoume de mala maneira.
Volvendo ó bosque, atopáronse cuns demos enviados pola Morte. Era o momento de comprobar se a Vara de Dédalo funcionaba: Cando os demos se dispuxeron a atacarlles, Kou axitou a Vara e dela saíu un resplandor que acabou cos demos.
– ¡Mirade, o lago!
– ¡Xa chegamos, Kewne!
– ¡Agora vai ver esa Morte!
– Temos que ter coidado. A Morte é moi astuta, pódevos enganar a vós tamén.
– ¡Non temas, ocuparémonos del tan rápido como poidamos!
Xa no lago, todo parecía tranquilo ata que un raio negro bateu contra a ondina: A Morte estábaos agardando.
– ¡Hahahahaha! Agora vouvos da-la malleira máis grande das vosas vidas. Non romperéde-lo Selo do Pacto que está no cabo da miña gadaña. ¡¡¡Matareivos!!!
Dito isto, a Morte púxose a disparar raios negros en tódalas direccións. Kou, Kewne, Skale, Golem, Daedalus e a ondina (esta última levada por Golem, porque non podía moverse por culpa do ataque da Morte) correron a agachárense detrás das árbores e rochas que había preto do lago.
– ¡¡Non poderedes esquiva-los meus raios!! IDES MORRER.
Kou tentou usa-la Vara de Dédalo, pero os raios da Morte impediron que se movera do sitio; así que non tivo máis remedio que seguir agochado. De súpeto sentiu que algo lle caía do lombo: O escudo que collera do laboratorio de Dédalo: ó mellor podía reflecti-los raios da Morte.
Kou colleu o escudo e púxoo en fronte del, saíu do seu agocho e provocou á Morte para que lle atacase a el:
– ¡Eh, Morte! ¡Es un maldito zoupón, non serías quen de darlle a unha parede cos teus raios! ¡Aquí me tes, intenta matarme!
A Morte, enfurecida coma nunca, lanzoulle a Kou un raio definitivo. Kou colocou o escudo entre el e o raio e saíu disparado varios metros, mentres que o raio rebotou no escudo e foi dar directamente no cabo da gadaña da Morte rompendo así o Selo do Pacto e liberando á ondina da obriga de lle ofrecer almas á Morte cada vez que saía do lago. Agora a ondina era libre e a Morte colleu tal cabreo, que tentou matalos a todos coa gadaña:
– ¡¡¡Hahahahaha!!! Pode que a ondina sexa libre, pero eu non morrín e agora vouvos matar a vós lenta e dolorosamente. ¡¡¡HAHAHAHAHAHAHAHAHA!!!
Tentaron fuxir, pero a Morte logrou darlle o golpe de gracia a Daedalus, que quedou feito un montón de ferralla ciscada polo chan; Golem tentou conte-la Morte pero acabou medio morto sen poder facer nada; tamén lles fixo unha ferida mortal a Skale e a Kewne, que quedaron tirados no chan.
– ¡¡¡Hahahahahahaha!! Díxenvos que vos ía matar, e aí estades todos medio mortos. Agora daréivo-lo golpe de gracia. ¡IDES MORRER!
– Non tan de présa, Morte. Aínda quedo eu.
– Ti non podes facer nada ondina, voute matar a ti tamén.
A Morte tentou darlle o golpe de gracia á ondina, pero esta creou un escudo protector arredor de tódolos feridos e máis dela, impedindo que a Morte lles fixera nada; tamén usou os seus poderes curativos para alivia-las feridas do grupo.
– Pode que aí esteades protexidos, pero é cuestión de tempo que non poidas manter ese escudo e se che esgoten as forzas. ¡Entón matareivos a todos dun só golpe! Nese intre, un enorme resplandor cubriu o bosque e a Morte pegou un grito de dor e caeu morta:
– ¡¡¡AHHHHHHHHHHHHHHHHHHHH!!! ¡Non! ¡Non podo morrer! ¡Eu son A MORTE! ¡A Morte non pode morrer, é ridículo! ¡¡¡Ahhhhhhhhhhhhhhhhhhh!!!
– ¿Eh? ¿Que pasou? ¿Estades todos ben?
– Sí, ondina, estamos ben, pero non por moito tempo; seguimos feridos de gravidade.
– Intentarei curarvos. Pero... ¿Que foi ese resplandor que acabou coa Morte?
Nese momento, apareceu de entre as árbores Kou, sostendo nas súas mans a Vara de Dédalo.
– ¡Fixéchelo Kou, acabades coa Morte! Agora usa o poder da Vara sobre min para que poida curalos a todos. ¿Vale?
– Ben.
Kou usou o poder da Vara para restablece-las forzas da ondina para que puidera cura-las mortais feridas que lles fixera a Morte.
– Só o sinto por Daedalus. A Morte matouno sen que ninguén puidese evitalo.
– Descansa en paz, amigo robótico. A túa morte está vingada.
Así despedíronse para sempre do robot Daedalus, soterrando as súas pezas metálicas nunha tumba a carón do lago e cunha cruz de madeira cravada enriba. O seu sacrificio non fora en van.
– ¡Ben, imos á vila a cobra-la recompensa!
– De acordo, Skale. Ondina, Golem, ¿non vindes?
– ¡Si, vinde, non vos preocupedes! A xente da vila aceptaravos tan ben coma a min, que son un dragón.
– ¿Non es un pouco pequeno para ser un dragón?
– ¡¡Non te burles!!
– Non te poñas así, Kewne. Iremos á vila con vós. ¿Non, Golem?
– Si. Estou de acordo.
– ¡Pois imos todos! ¡¡¡Veña!!!
****************************
Xa na vila, o alcalde deulles 5000 moedas de ouro a cada un e a ondina e máis Golem foron aceptados na vila.
– ¡Adeus a todos, condádevos moito!
– ¡Adeus, volvede visitarnos outra vez!
Así, Kou, Skale e máis Kewne, continuaron coa súa viaxe para dete-la forza maligna que se estendera por todo o mundo dende a súa vila e xa causara estragos tales coma o Pacto da Morte... ou máis aínda.
_________________________________________________________
*Non dirás que non era peculiar o grupiño: un golem, un robot, un dragón pequechiño, un licántropo e un tipo que estaba máis tolo que unha cabra por ir con semellante xentiña.
Comments