
As viaxes de Kou Zure, 2ª parte
~ A Cidade Maldita ~
“Cando a escuridade comece a espallarse polo mundo será cando sexa vulnerable ós ataques dos homes e dos monstros. Os tres puntos sinalarán a orixe e o destino da nube escura, que será derrotada dense o comezo ata a fin. Os poderes do dourado día e da negra noite serán a chave para derrota-la máis profunda das escuridades xamais vista no planeta”. Esa era a temible profecía que comezara anunciando Marzin o meigo e que, pouco a pouco, coa axuda de diversos habitantes do planeta, foran completando Kou, Kewne, Skale, Paperis, Naga, Dydra e Ghosh por un lado e Attley, Selfi, Cadavron e Zu polo outro. Nas profundidades da intricada Cova subterránea de Halsiphom e no punto máis alto da xigantesca Torre de Tarolisk estaba a piques de comeza-lo desenlace final do esperado combate contra a nube de escuridade no que se xogaba o destino de todo o planeta...
– ¡Paréceme que xa chega!
– ¡Aiii mamaíña...!
Nas covas de Halsiphom, lugar onde estaban Kou, Skale, Kewne, Paperis, Ghosh, Dydra e Naga, o Nigro Henker comezara a reaccionar ante o poder escuro invocado por Beldo; igualmente ocorría na Torre de Toarolisk co Aurum Henker, e de súpeto, un misterioso fume negro saíu do interior de ámbolos dous vasos tragando e transportando aos dous grupo no mesmo lugar místico. Despois de seren tragados polo fume, Kou, Skale, Ghosh, Cadavron, Attley, Zu, Selfi, Paperis, Naga, Dydra, Kewne e o Espírito apareceron nun espacio escuro de negras sombras e que parecía se-la Nube Escura en si, só que vista dende o interior dende outro plano diferente á realidade. Cando se houberon reposto da impresión, Attley atraveuse a preguntar ó aire:
– ¡¿Onde se supón que estamos agora?!
A súa voz resoou no espacio facendo un eco impresionante. Pasaron uns poucos segundos e unha voz que viña do infinito respondeu:
– ¡¡¡Hahahahahahahahahahahaha!!! ¡Esta é a Nube Escura e vós estades no seu interior gracias ó poder dos vasos Nigro Henker e Aurum Henker!
– ¡¿E ti quen vés sendo?!
– ¡¿Como ousas preguntar tal cousa, insolente mortal?! ¡É ben sabido por todos qúen son eu; e senon, seguro que estes “traidores” vos saberán responder... hahahahahaha!**
Cadavron e Zu miráronse ámbolos dous de esguello cunha expresón de medo puro – sobre todo Cadavron – e foi Cadavron o que falou:
– Crin que xa non teriamos que escoita-la súa arrepiante voz nunca máis... pero de feito aquí o está... Compañeiros, estamos ante o acabado de resucitar Rei dos Demos Escuros, ou sexa, Maisoul...
O arrepío foi xeral. Cadavron, ó oírse a si mesmo pronunciar ese nome, encolleuse todo do medo case coma Zu. Paperis e Naga quedaron paralizados un anaco. Skale colleu a Kewne coma se apertase un oso de trapo e Ghosh fixo o mesmo con Dydra, só que máis esaxeradamente a pesar de que Dydra quedara durmido de novo. Selfi quedou indecisa un anaco e, como viu que todos morrían co medo decidiu face-lo mesmo e botouse nos brazos de Kou, que o tiña xusto ó lado. Pola súa parte, Attley quedou de valente suxeitando a súa grandiosa espada e mirando á fronte, coma se fose atacar de súpeto a algo que se supón que ía aparecer dun momento a outro. Quedaron desa maneira ata que, por fin, Maisoul decidiu continuar falando en ton tipo ex cathedra:
– ¡¡¡Hahahahahahahaha!!! ¡Ides pagar a vosa ousadía ó pretender derrotarme agora que estou totalmente recuperado e con todo o meu poder e moito máis! ¡E por riba estades no meu terreo, así que, preparádevos! ¡¡¡IDES MORRER!!!
E acabando de dicir estas palabras foi formándose no centro deles un grandioso vórtice do que saían terribles lóstregos pálidos xunto con arrepiantes berros procedentes de moi fondo do mesmo vórtice, come se viñesen do mesmo Mundo das Sombras. Despois de rematar os berros, o vórtice foi gañando espacio e, conforme se ía facendo máis e máis enorme, máis e máis lóstregos cuspía ata que, por fin, completou o seu crecemento e foi entón cando se formou unha gran espiral dentro del que comezou a xirar lentamente tentando aspiralos e mandalos ó Mundo das Sombras. Nisto Kou dixo:
– ¡Se non facemos algo rápido imos rematar tragados por este buraco negro!
– ¡Iso xa o sabemos compañeiro, pero dáme que non temos nin idea de cómo paralo, ¿non é?!
Cadavron quedou pensativo e logo soltou, coma se acabase de ser iluminado por Buda ou algo parecido:
– ¡Hai que detelo e pechalo cun só golpe! Temos que usar un golpe combinado o suficientemente letal como para destruír ese córtice; ou sexa: TEMOS QUE LANZAR TODOS Ó MESMO TEMPO O GOLPE ÁIS PODEROSO QUE POIDAMOS, ¿ben?
– ¡Oes arlequín, ¿por que non nolo dixeches antes?!
– ¡Non son un arlequín... son un deus da Morte... ti cresme, ¿non Zu?!
– ¡Déixao xa, Cadavron, temos que concentrarnos para acabar co vórtice antes de que nos trague coma se fosemos un prato de espaguetes con salsa de tomate e máis carne picada, ¿entendido?!
Attley, que ás veces lle daba por empregar un ton militar cando había que dirixir un ataque combinado, ocupouse de organiza-lo golpe:
– ¡Ben, continuemos co que estaba a dicir! ¡Selfi, colócate xunto con Cadavron, Zu e Paperis: vós seredes os encargados do soporte máxico! Continuemos... ¡Ghosh, Skale e Naga vinde comigo: nós farémo-lo soporte físico!
Cando todos se colocaron segundo dixera Attley, continuou dicindo no mesmo ton militar, aínda que máis apresuradamente, xa que o vórtice seguía tentándoos absorber.
– Ben, agora toca a mellor parte... ¡¡¡Lanzade os vosos conxuros cara o Incasun de Kou, mentres que nós farémo-lo mesmo usando a nosa enerxía de loita, IMOS!!!
O que sigue é un espectáculo de tal magnitude que vai ser moi complicado describilo nestas páxinas, pero hase tentar: Selfi xunto con Paperis, Cadavron e Zu, dispararon un conxuro cara un que, ó combinarse no aire e posteriormente na espada de Kou, formaron un raio resplandecente de cor branca tirando a azul rosada. Nese intre a espada de Kou parecía un fogo fatuo danzando a un son coma salseiro ou similar; e cando Attley con Skale, Naga e Ghosh concentraron a súa enerxía de combate na mesma espada o espectáculo foi aínda meirande: un raio azulado ou amarelento, que era a enerxía de combate, saíu dos formantes do chamado “soporte físico” e deu en dirixirse cara a mesma espada Incasun, na que agora estaba concentrada todo o poder posible... ou case; xa que, cando Kewne deu o ultimátum co seu Disparo Vermello e o Espírito rematouno cunha especie de... ataque de espíritos... o Incasun de Kou case semellaba Deus con forma de espada e foi nese intre, cando tódolos poderes estiveron comprimidos na espada de Kou, cando este saíu lanzado cara o vórtice e, cunha soa e definitiva estocada, sabe Deus cómo, deu partido o vórtice en dúas partes, que estouraron ó seren divididas do seu todo, poñendo punto final á existencia dese vórtice ou furado negro.
– ¡Hehehe, conseguímolo; acabamos coa escuridade!
– Non tan de présa: os poderes do noso ex-amo son maiores ca iso, sen dúbida... Seguramente nestes intres está preparando o seu ataque definitivo contra nós...
Cadavron estaba no certo xa que, nada máis rematou de falar, houbo unha especie de tremor de terra no místico lugar onde eles se atopaban, e foi seguido dunha fenda no espacio da que comezou a saír unha criatura xigantesca que parecía desprender grandes cantidades de enerxía negativa.
– ¡¡¡Aí o está, é Maisoul resucitado!!!
– ¡Ha, non temades! ¡Este que aquí vedes évos Kou Zure; o que machucou a ese Maisoul anteriormente no subterráneo da Torre de Monsbaiya! ¡¡Non hai nada que temer, hahahaha!!
– Vale xa, Skale... ¡Seguramente agora terá máis poder aínda! Ademais, agora non teño os selos máxicos que tiña daquela...
– Eu penso que non será problema para todos nós... Si.
– Non.
– ¡Si!
– ¡Non!
– ¡Que siiiiiiiiiiiii!
– ¡Vale xa, vó-los dous! Estamos a piques de entrar no combate decisivo contra o resucitado Rei dos Demos Escuros... ¡Non podemos perder! ¡¡¡VEÑA, IMOS ALÓ!!!
– ¡Mirade, parece que xa case está fóra...!
Pois efectivamente, tal e como Selfi dixo, foi cousa de breves momentos que Maisoul aparecese ante eles na súa forma completa e con máis poder que noutrora, disposto a vingarse de aquel que o derrotou na Torre de Monsbaiya; ou sexa Kou. Ao saír da enorme fenda, esta pechouse de súpeto e Maisoul, todo xigantesco e máis negro que de costume, debido á forza da Escuridade, comezou dicindo:
– ¡¡¡HAHAHAHAHAHAHAHAHAHAHAAAAAAAAA!!! ¡Aquí estou por fin! ¡Son Maisoul con todo o poder da Escuridade e rematando de resucitar gracias ó complexo feitizo que Beldo realizou na Torre de Monsbaiya cando un insolente mortal ousou acabar coa miña existencia neste mundo! ¡¡¡E ese mortal es... TI!!!
– Este... paréceme que estás trabucado, compañeiro. O tipo que buscas é este, Kou Zure, non eu...
– Oh... pode ser... ¡Ben, pois daquela ese mortal es... TI! ¡¡¡E VINGAREIMEEEE!!! ¡¡¡Hahahahahahahaha!!! ¡¡¡MORE, KOU ZURE, MORRE!!! Ah, por certo, agora resucitei con máis poder chamareime Evilsoul, que soa máis malvado ca Maisoul, hehehe... Ben, ó que ía: ¡¡¡MORRE!!!
Despois deste desliz por parte de Maisoul, é dicir, de Evilsoul, comezou a botar lume negro polas súas cinco cabezas, das cales tres eran recén estreadas xa que antes soamente tiña dúas. Ben, pois como ía dicindo, Evilsoul comezou a botar lume negro polas súas cinco enormes cabezas en tódalas direccións. Kou e o grupo estaba tentando esquiva-las ráfagas de lume que lles viñan e, entrementres, procuraban idear unha forma de acabar con el tendo en conta que o lume negro que cuspía podía ser mortal...
De súpeto Evilsoul cansou de lanzar lume en tódalas direccións e concentrouse en conxuros máis precisos, coma as bólas de escuridade cara Kou.
– ¡¡¡Aiiiiii, socorro xente, valédemeeeeeeeee!!!
– Hmmm... paréceme que este demo non quere nada connosco...
– Si, parece que soamente vai loitar Kou, ¿non?
– ¡¡¡DISO NADA!!! ¡¡¡Eu vin ata aquí para acabar con ese becho E É O QUE VOU FACER!!! ¡¡¡OE TI, BECHO NEGRO!!!
Evilsoul non se deu por aludido ata que Attley decidiu chamarlle polo seu novo nome... e aínda tivo antes que chamarlle “demiño, tipo das cabezas, paxaro xigantesco, cornudo, desgraciado pailán, Maisoul, presunto rei dos demos escuros, etc., etc.
Ao oí-lo seu novo nome, Evilsoul virouse e viu que a tipa que estaba a pegar berradas era a mesma Attley, que dende a súa altura semellaba un bichiño de tamaño minúsculo. Dende a altura de Attley Evilsoul semellaba un ser xigantesco coas súas enormes ás negras, o seu corpo medio cuberto de carne negra e medio de óso pelado. Os pés sós xa eran de óso puro e os cranios estaban tamén ó descuberto, deixando ver cinco paxarís cabezas con dous cornos en cada unha. Finalmente Evilsoul tamén tiña dúas enormes colas negras que lle servían de apoio do resto do corpo. Feita esta introducción e vendo Attley que por fin Evilsoul lle prestaba algo de atención deu en dicir:
– Hmm... Pode que non reparases en nós... e iso vaiche custar caro, hehehe... Por se non te deches de conta saberás que eu son Attley Willow de Katsufrakis, a que acabou con boa parte das lexións escuras da Torre Tarolisk e dos arredores... ¡Polo que, vai rezando o que saibas; vas porrer nas miñas mans, becho cornudo pentacéfalo con cara de paxaro negro!
Despois dun tempiño, cando Evilsoul deu asimilado o que Attley acabara de dicir, dixo el con voz moi profunda, como era a súa:
– ¡Por esa insolencia túa heivos matar a todos e logo hei cuspir nos vosos cadáveres como mostra de desprezo! ¡¡¡PREPARÁDEVOS, IDES MORRER TODOS!!!
Dito isto, Evilsoul comezou a lanzar bólas escuras cara todos eles, incluído Kou. Os proxectís que lanzaba Evilsoul eran cada vez máis precisos... Dydra, por non moverse, recibiu un que lle deu de cheo e quedou no sitio, igual que Ghosh, que quedou esmagado por Dydra. Kewne tamén recibiu o impacto dunha das bólas negras nun intento infructuoso de protexer a Selfi, que tamén quedou tocada polo proxectil escuro. Paperis, Naga, Cadavron e Zu lograron librarse desas arrepiantes bólas de escuridade ocultándose tras Evilsoul, mentres que Kou, Skale e Attley estaban xusto na fronte de tiro de Evilsoul no intre no que ía dispara-las bólas que acabarían con eles dunha vez por todas...
– ¡¡¡Agora non tendes escapatoria, hahahahahaha!!! ¡¡¡MORREDE!!!
Pero, no intre no que parecía estar todo perdido, algo pareceu deter a Evilsoul xusto para que eles tres se librasen do golpe.
– ¡Xa o atopei, son un xenio Zu!
– ¡¿Quen fala?! ¿Cadavron? ¿Que fas aí atrás?
– Criamos que estabades mortos... ¿Que atopastes?
Cadavron explicoulles que o Rei dos Demos precisaba dun fluxo continuo de enerxía negativa para poder invocar as bólas mortais de escuridade e que, sen ese fluxo continuo, quedaba paralizado e sen posibilidades de lanzar ningún conxuro.
– Así que estabades aí atrás buscando o lugar polo que Evilsoul recibía a enerxía negativa, ¿non? Hahahahaha, estivo ben...
Pero no intre, Evilsoul moveu o rabo dereito e arreoulles con el ós catro que estaban aí detrás; despois dixo:
– ¡Pode que agora non poida moverme nen atacar con maxia, pero aínda teño forzas para acabar con vós sen necesidade da maxia negra! Hehehe... Hai unha invocación escura que non precisa dun fluxo de enerxía negativa continuado... ¡¡¡ESA SERÁ A VOSA PERDICIÓN, MORREDE!!!
Evilsoul quedou un intre quedo e logo concentrouse para absorbe-la enerxía escura da nube na que estaban metidos, que era necesaria para lanzar esa invocación final. Mentres tanto, o grupo ó completo estaba comido polo pánico esperando a súa fin cando, de súpeto, Kou lembrouse de algo importante:
– ¡A profecía!
– ¡¿Que?! ¡¿Que dis dunha profecía?!
– ¡Claro, a profecía de Marzin! Temos que usa-la profecía para acabar con el.
– Ah, ben... E, ¿como era esa profecía?
– Creo que a teño apuntada no meu libro de monstros e seres míticos...
Evilsoul xa acumulara toda a enerxía escura que precisaba; estaba a piques de realiza-lo ataque e acabar con todos eles, tanto cos que aínda se tiñan en pé coma cos que estaban inconscientes no suposto chan da nube. Todo parecía estar perdido, Evilsoul xa ía lanza-lo ataque definitivo.
– ¡¡¡MORREDE!!! ¡¡¡O GRAN BIG BANG!!!
Evilsoul invocara unha bomba de enerxía negativa que explosionou terriblemente disposta a levar por diante a tódolos presentes... pero, de súpeto...
– ¡¿Eh?! ¿Como é que non morremos?
– ¡Mirade aló! ¡É o Espírito!
Efectivamente, o Espírito estaba a conte-la bomba coa súa enerxía espiritual para que Kou puidese atopa-la profecía e acabar dunha maldita vez coa escuridade no universo.
– Ben, moitas gracias, Espírito; ¡aquí está: a profecía!
– Ben, conta, ¿que di?
– Di así: “Cando a escuridade comece a espallarse polo mundo será cando sexa vulnerable ós ataques dos homes e dos monstros. Os tres puntos sinalarán a orixe e o destino da nube escura, que será derrotada dende o comezo ata a fin. Os poderes do dourado día e da negra noite serán a chave para derrota-la máis profunda das escuridades xamais vista no planeta”. Xente, segundo isto a clave está nos vasos Nigro Henker e Aurum Henker...
– Ben, ¿e onde están?
– Paréceme... que nas covas e na torre respectivamente...
– ¡Pero non pode ser, teñen que estar por algures deste... lugar!
Nisto, o Espírito foi arrolado pola explosión e, de novo, todos eles estaban a piques de ser destruídos pola grandiosa invocación de Evilsoul... cando...
– ¡¡¡Diso... nada!!! ¡Non pasarás de acó! ¡¡¡HAAAAAAAA!!!
Agora era Cadavron o que, co seu poder escuro, estaba a facer fronte cun grande esforzo á bomba, aportando outro pouquiño tempo para o ataque final contra Evilsoul.
– ¡¡¡Veña... apurade...!!!
– Cadavron... ¡ben feito! ¡¿Pero onde están eses vasos?!
Nisto, Kou descubriu que tiña na man esquerda a bóla dourada que estaba no Nigro Henker e Attley viu na súa man a bóla negra do Aurum Henker. As bólas apareceran misteriosamente nese intre, tal vez por algún tipo de reacción máxica ou algo así, ¿quen sabe? Mentres, Cadavron estaba a dalo todo por conte-la explosión escura uns intres máis, ata que lanzasen o ataque.
– ¡Ben, pois adiante! ¡¡¡HAAAA!!!
As esferas de ambos vasos foron alzadas ó aire por Kou e Attley, pero non ocurreu nada...
– ¡¿Eh?! ¡¿Que está a pasar acó?! ¡Non entendo como non fan nada...!
– Hmmm... pode ser que isto sexa como cos ataques combinados de espada e maxia... Ten que haber un vínculo moi forte entre as dúas esferas... algo así como un forte sentimento.
– Ben, pois imos de novo. ¡Skale, colle esta bóla e fai o Ataque con Attley!
Kou ía disposto a entregarlle a esfera a Skale, pero Attley deteuno dunha labazada na cachola.
– Pero qué dis... ¡Eu estaba a pensar en ti e máis Selfi!
– Ah... ben...
Attley dirixiuse cara a desmaiada Selfi, espertouna e entregoulle a bóla negra do Aurum Henker. Selfi comprendeuno todo e foi onda Kou para rematar dunha vez; cando, de súpeto, as forzas de Cadavron semellaban ceder e a forza da explosión tentaba avanzar con tódalas súas enerxías.
– Non... aguanto... máis... ahhhhhh...
Pero no intre, o Espírito meteuse no corpo de Cadavron compartindo con el o que lle quedaba da súa enerxía espiritual e facendo que esta igualase en forza á da bomba escura. Foi nese momento cando Selfi e Kou aproveitaron para uni-las dúas esferas e lanza-lo ataque final contra Evilsoul.
– Ben, imos aló... ¡¡¡EXPLOSIÓN CELESTE!!!
– ¡Hahahahaha...! Non poderedes contra min cun conxuro tan patético...
Pero niso, un lazo dourado saído do conxuro de Selfi e Kou apreixou a Evilsoul, impedindo que este se puidera mover; finalmente un lóstrego xigantesco, tamén dourado, caeu de cheo no inmobilizado Rei dos Demos Escuros e partiuno completamente, acabando así co avance da bomba e, por suposto, coa súa existencia dunha vez por todas.
– ¡¡¡NOOOOOOOOOOOOOOOOOON!!! ¡¡¡NON PODEDES ACABAR COMIGO CUN CONXURO TAN RIDÍCULO!!! ¡¡¡XÚROVOS QUE ISTO NON QUEDARÁ ASÍ, HEI VOLVEEEEEEEEEEERRRR!!! ¡¡¡ARRRRRRRRRRRGGH!!!
Evilsoul esvaeceuse nun raio cegador xunto coa nube escura. Seguidamente un terrible resplandor sacou daló ó grupo e depositounos a todos nun lugar que lles resultaba algo familiar...
– ¡¿Eh?! ¿Como é isto? Non me digas que...
– Pois... iso parece, si...
– ¿Estamos na... Torre?
– Si, iso creo... Na torre de Monsbaiya...
– Iso quere dicir que...
– Si... ¡Si, conseguímolo! ¡Hahahahaha! ¡Vivaaa!
Todo o grupo estivo festexándoo ata que quedaron cansos e saíron da Torre a Monsbaiya, a vila natal de Kou e Selfi. O sol resplandecía no ceo azul, os paxaros chiaban alegremente... todo semellaba estar coma antes de que Beldo realizase o feitizo de resurrección diabólica. De súpeto, Marzin o meigo saíu ó encontro do exhausto grupo e dixo moi alegremente:
– ¡¡¡Conseguístelo, moi ben!!! ¡O mundo xa non volverá a coñece-la escuridade nunca máis, vivaaaaaa! ¿E quen son estes... estes... amigos vosos?
Marzin referíase a Paperis, Naga, Cadavron e Zu, que non os coñecera aínda. Despois das presentacións e de tódolos “trámites anteriores á típica celebración” toda a xente de Monsbaiya se reunira xa na praza da vila e estaba a darse un gran banquete, xa que o mundo liberárase da escuridade gracias a Kou Zure e Selfi Rode, maiormente.
– Ben, o certo é que fun eu o que estaba alí, con estes dous meus amigos, defendéndoos a todos do rei dos demos... E fun eu tamén quen, con moita valentía, cravou a espada no vórtice acabando así coa maior ameaza... Pero claro, logo chegou Maisoul e entón tiven que facer uso das miñas habilidades máis ocultas para facerlle fronte, pero ó final conseguino, ¡hahahahaha!
– Vale xa, Skale; déixao, ¿queres?
– ¡Que máis da! Que pense o que queira...
– ¡Eu sigo dicindo que ese becho era negro!
– ¡Non tal, era gris escuro!
– ¡Era negro!
– ¡Que non!
– ¡¡Que siiii!!
– ¡¡¡Que non!!!
– ¡Agora vas ver ti, serpe de pouca monta! ¡¡¡SALAMAND!!!
– ¡Paperis e Naga, sempre dades no mesmo! ¡Xa non sei para que discutides vó-los dous! ¡¡Hahahahahaha!!
E, con esta filosófica discusión e cun banquete á luz da lúa remata a nosa historia sobre cómo Kou Zure, Skale Saverhagem, Attley Willow, Selfi Rode, etc. foron viaxando polo mundo e acabaron finalmente co Rei dos Demos Escuros chamado Evilsoul; esperamos que fose do voso agrado e, xa nos veremos en vindeiras historias; ¡ata logo!
FIN
Autor: Skale Saverhagem, primeiro
escritor neoeclecticista de todo o universo.
