top of page
Pirate ship Galiza.png

As viaxes de Kou Zure, 2ª parte

~ A Torre de Escuridade ~

Despois da derrota do rei dos demos escuros, Maisoul, a pequena vila de Monsbaiya voltou á paz e librouse do maleficio que impedía ós seus habitantes saír da vila cara o mundo exterior atravesando o deserto no que a vila estaba situada. Pero toda esta tranquilidade era inquedante para moitos, coma Kou ou Attley.

– ¡Veña, Kou! Maisoul morreo; matáchelo ti, ¿lembras?

 

Skale Saverhagem, un home lobo fillo de lobos; el nunca se preocupara moito por nada. “Hai que rirlle na cara ó perigo. ¡Hahahahahahaha!”, dicía el.

– Xa, Skale; non estou senil. Pero... esta calma chicha é estraña. ¡Estou seguro de que hay algún demo solto por Monsbaiya ou polos arredores! Non sei...

– ¡A ver, ho! ¡Que non paréce-lo mesmo! Pareces máis ben Attley con roupa de home.

De súpeto, coma un lóstrego, un fío de espada pasou por diante da cara de Skale botándoo cara atrás.

– ¡¡¡Ahhhhhhh!!! ¡Un demo! ¡Kou, voltaron os demos! ¿Eh? Ah, es ti... Crin que eras un demo; (aínda que pouco che falta)...

 

Attley Willow envaiñou o seu Blessire, que dirixira contra Skale nun intento de partirlle a cabeza en dúas partes. Os seus rubios cabelos coma o lume parecían talmente as chamas do Inferno sempre que lle daban arroutadas contra Skale.

– ¡Os demos morreron, si, seino ben! Pero alí fóra, nalgunha parte, sei que o mal está presente e que ha volver para vingarse de nós...

 

– Os románticos sonche así. ¡Qué lle imos facer!

Pero Attley estaba no certo. Aínda que só o dixese por contradicir a Skale, estaba no certo. Non moi lonxe de onde eles estaban, na lendaria Torre da Monstrosidade de Monsbaiya, un espírito maligno esperaba ser resucitado por outro espírito maligno que estaba ansioso por volver á vida. Beldo, feiticeiro das brétemas, un ser malvado que morrera a mans de Kewne, o dragón de Kou, e do seu temible Disparo Vermello, voltara do outro mundo gracias á carraxe que sentía cara Kou, cara Kewne e cara o seu pai, Guy, ó que el mesmo matara.

– ¡Maisoul! ¡Rei dos demos e señor da escuridade! ¡Eu, Beldo, feiticeiro das brétemas, invócoche! ¡¡¡Resucita!!!

Un leve fume negro saíu do círculo máxico de resurrección que Beldo preparara para a volta do rei da escuridade, Maisoul.

– ¡Merda! ¡Non funciona! Os mortos non poden darlle a vida a ninguén por moi feiticeiros que sexan.

– ¡¡¡Beldo!!!

Unha voz profunda saíra do fume negro que aínda flotaba no aire, por riba do círculo máxico.

– ¡¿Quen?! ¿Eu?

– ¡Escoita, Beldo!

– ¡¿Quen es?!

– Son aquel a quen desexabas resucitar.

– Maisoul, o rei dos demos escuros...

– ¡¡¡Beldo!!! Para que eu poida voltar á vida terás que reunir suficiente enerxía escura e condensala dentro da Torre; despois deberás sacrificar algún mortal e volver pronuncia-lo feitizo de resurrección. Entón será cando eu poida resucitar para non volver morrer. ¡¡¡HAHAHAHAHAHAHAHA!!!

Beldo formulou un conxuro para abrir unha porta dende a Torre cara o mundo da escuridade e así poder reunir enerxía escura.

– “¡Mortis mundo! ¡Ouranois melo!”

Unha grande nube negra comezou a formarse no interior da Torre e saíu cara o exterior coa forma dun vórtice de escuridade que se facía cada vez maior absorbendo a enerxía do ambiente e transformándoa en enerxía escura. No centro áureo da torre formouse un remuíño de escuridade que comezou a condensarse de tal maneira que absorbía a pureza das auras máis débiles da vila. A enerxía das auras da xente corrente foise separando dos corpos dos seus respectivos donos e, absorbida polo gran remuíño escuro, transformouse en máis enerxía escura que cada vez aumentaba dentro do vórtice. Entón, de súpeto, o remuíño comezou a xirar en sentido oposto e disipouse; no seu lugar estaba unha densa brétema que simbolizaba toda a enerxía escura que absorbera o vórtice e comezou a espallarse.

– ¡¡¡Hahahahahahaha!!! ¡Escuridade, trágao todo! ¡¡Maisoul resucitará!! ¡¡¡Hahahahahahaha!!!

Mentres a escuridade o cubría todo, do vórtice comezaron a saír uns espíritos condenados que invadiron a vila.

– ¡Attley! Ó final tiñas razón...

– ¡Ou, non! ¡O mal cóbreo todo! ¡¡Estamos perdidos!! ¡É A APOCALIPSE!

– ¡Temos que facer algo!

– ¿E algo que é?

– Eu vou buscar a Marzin, vós intentade dete-los espíritos para que non fagan mal ningún.

Dito isto, Kou marchou en busca de Marzin o meigo. Skale e Attley quedaron contendo ós espíritos malignos.

– ¡Nós sós non poderemos contelos moito tempo!

– E cres que non o sabía. ¡Non sabemos usar maxia!

– Vai buscar ós outros, eu chamarei a uns cantos monstruos.

 

Skale foi correndo á multimillonaria mansión Rode onde estaban Selfi Rode, Ghosh Rode e áis Dydra, mentres que Attley quedou ás portas da vila. Attley sacou do seu peto uns selos máxicos que se usaban para encerrar todo tipo de seres máxicos, coma fadas, monstros ou espíritos; logo alzounos por riba da cabeza e tirounos ó chan.

Ó romperen os selos, un fume de cor vermella saíu do interior ceibando ós seres que estaban presos dentro. Eran un fénix e un cabazo.

 

– ¡Veña, imos aló! Fénix, Pumpkinn, ¿estades listos?

Cando os espíritos se achegaron a eles, Fénix, Pumpkinn e Attley preparáronse a atacar. Fénix invocou o Flamenco, un conxuro que consistía en facer saír unha grande columna de lume do chan; Pumpkinn, pola súa parte, protexeunos do ataque dos espíritos cun escudo máxico, e Attley tentou atacar cunha esfera máxica que lanzaba bolas de lume.

Entrementres, Kou chegara á cabana onde vivía o meigo Marzin. Nela había amuletos máxicos ás moreas e uns cantos círculos máxicos pintados no chan. No interior estaba Marzin, un vello eivado, cego coma unha toupa e da estatura dun neno de nove anos.

– ¡Marzin, Marzin! ¡Os espíritos están a invadir Monsbaiya e unha estraña nube negra saíu dun vórtice situado no medio da Torre!

 

– Hmmmm... Polo que dis, parece que os demos intentan volver á vida... Hai...

– ¡Sigue falando! ¿Que é o que hai?

– ¿Que? ¡Ah, si! Hai un cemiterio ó Norte de Monsbaiya onde poden atoparse formacións astrais que poden ser usadas contra os demos e demais seres escuros, pero cómpre facer unha invocación para ser quén de dirixi-las forzas astrais.

– ¡¿E que clase de invocación?!

– Pois... si... hmmmm... pensemos... hmmmm... Non... non me lembro...

– Ben, pois ven connosco ata o cemiterio e alí a ver se che volve a memoria.

 

****************************

 

– ¡¡¡Ahhhhhhhhhhh!!! ¡Non poderemos detelos moito tempo! ¡Fénix, Pumpkinn, non vos rendades!

Nisto Skale xa regresara con Selfi, Ghosh, Dydra e Saber. Selfi, a irmá de Ghosh, unha feiticeira un tanto rara e cos cabelos longos da cor do mar. Ghosh, o irmán máis vello de Selfi, viña coa súa espada Broncino e con Dydra, o xigante de auga. Saber era un dos monstros do tío de Skale, Cort Saverhagem; era unha besta cos dentes de sabre e co poder de xerar muros protectores.

– Veña, irmán, imos aló. ¡Muro Perseus!

– ¡Dydra! ¡Secunda a Selfi co Perseus!

– Zzzzzzzzzzz...

– ¡¡¡Dydra, esperta!!!

– ¡Saber, o teu turno! ¡Intenta reforza-lo muro protector de Pumpkinn!

– ¡¡¡SABERRRRR!!! ¡Muro Membra!

– Ben. Co muro Perseus, que refliecte a maxia, e a Membra, que protexe contra calquera tipo de ataque, estaremos a salvo ata, polo menos... ¡Non sei, pero supoño que bastante!

– ¡¡Skale!! ¡Déixate de parvadas e axuda ti tamén!

– ¡Ben, vale, de acordo! ¿E eu que podo facer? Hmmmmm... Pois... podería...

– ¡¡¡CORREDE!!!

– ¡Si, é unha boa idea! ¿Quen o dixo?

– ¡Eu! ¡Veña, correde fóra da vila! ¡¡¡VAMOS!!!

Kou e Marzin chegaran ata onde estaban eles e leváronos correndo de alí. Ó saíren todos correndo, o Perseus e a Membra debilitáronse e os espíritos escuros entraron na vila.

– ¡¿Pero que fixeches?! ¡Xa eran nosos!

– Marzin sabe cómo parar ese vórtice e impedir que a nube de escuridade se estenda por todo o mundo causando a resurrección dos demos.

Dito isto, Marzin faloulles do cemiterio onde se formaban cúmulos de enerxía astral que podían usarse contra os demos. O único era que esquecera que o devandito cemiterio estaba no cume dunha montaña e que esa montaña estaba...

– ¡¿En Darkshire?!

– ¡Darkshire, a terra dos mortos!

– Bueno, si. Esqueceume dicilo antes... ¡Pero iso é un detalle sen importancia!

– Na terra dos mortos hai milleiros de espíritos malignos coma fogos fatuos ou sombras. É de tolos internarse alí; e moito máis para ir a un cemiterio.

– Pois non nos queda outra...

Quedaron un anaco en silencio ata que Kou se atreveu a dicir algo.

 

– Nacesitamos un medio de transporte o suficientemente rápido e seguro como para cruza-la chaira arrepiante e chegar ó noso destino: o cemiterio dos condenados.

– ¿É que todo o que hai nesa terra ten un nome tan bonito?

 

– Hehehehehehe...

De súpeto, Ghosh fuxouse nun grupo de nyuels que parara preto de onde estaban eles para comer. Había uns doce, todos eles de cor azul, o que significaba que eran bestas capaces de invocar maxia de auga.

Cando Kou e máis Ghosh intentaron aproximarse ó grupo para capturar uns cantos e usalos como medio de transporte, un berro arrepiante procedente da Torre fixo que os nyuels escaparan correndo.

 

– ¡Temos que collelos, Ghosh!

– ¡Xa o teño! ¡Arrrgg! ¡Escapóuseme!

– ¡¡¡Apartade do medio!!! ¡Veña, Fénix! ¡Intenta coller uns cantos!

 

O fénix de Attley conseguiu darlle a cinco co Flamenco, os outros sete escaparon a toda velocidade e agora eran totalmente inalcanzables.

 

– Só hai cinco... Algúns de nós terán que compartir un.

 

– ¡Pois será desta maneira! Skale e Saber irán nun, eu irei noutro con Pumpkinn, Fénix seguiranos voando, Kou e Marzin noutro, Selfi noutro e Ghosh e Dydra neste grande.

Desta maneira, o grupo emprendeu a viaxe ata o cemiterio dos condenados pasando pola chaira arrepiante. Os nyuels eran aves semellantes ás avestruces, pero coa resistencia dun camelo; podían viaxar a máis de 70 quilómetros por hora todo seguido e sen probar bocado... Aínda que, depende da carga que levaran, cansábanse máis ou menos...

– ¡Ghosh! ¡Apura un pouco, oh!

– ¡Eu xa quixera, pero este paxaro inútil non pode correr máis!

 

– ¿E non será porque leva unha tonelada e media de H₂O?

 

– ¡¿Como?! ¿Que queres dicir con iso?

– ¡Dydra, Ghosh! ¡Dydra!

– ¡¿Por que sempre me toca a min a peor parte?!

– ¡Mirade, xa estamos chegando ó monte onde está o cemiterio!

 

No horizonte podíase ver claramente un monte un tanto precario. Máis ben parecía unha morea de pedras colocadas todas unha enriba doutra para semellar unha montaña. E enriba desa morea de pedras estaba o cemiterio dos condenados, un cemiterio onde os espíritos dos condenados ían despois de mortos para cumpri-la súa penitencia e despois poder emprende-la viaxe cara a outra vida.

O grupo deixou atados os nyuels nuns penedos próximos e dispuxéronse a escalar ata o cumio. Attley e Pumpkinn subiron montados en Fénix, mentres que os outros tiveron que subir escalando. A escalada foi dura para todos (todos os que escalaron), sobre todo para Ghosh, que tivo que subir con Dydra agarrado ós seus ombreiros porque Dydra quedou durmindo na viaxe en nyuel. Cando chegaron ó cumio do “monte” atoparon unha planicie de herba e pedras que non se parecía en nada a un cemiterio.

– ¿E isto suponse que é o famoso cemiterio? Pois vaia...

 

– Agardade, os espíritos aparecerán dentro de moi pouco.

 

Talmente coma dixo Marzin, cando Ghosh se ergueu do chan, un enorme resplandor azulado invadiu o lugar e diante deles comezaron a aparecer centos de fogos fatuos e na herba formáronse uns remuiños semellantes ós vórtices, pero que eran portas que conducían ó plano astral.

De súpeto un dos fogos fatuos adiantouse e comezou a falarlles telepaticamente:

– ¿Que vindes buscar aquí, mortais? Este é un lugar sagrado e ningún ente material ten permiso para emporcalo coa súa presencia.

– E... Nós vimos aquí para evitar que a escuridade cubra o mundo e Maisoul vola á vida. (Marzin, bótame unha man...)

– Eu falarei por el. ¡Facede algo ou mátovos a todas, pantasmas de pouca monta!

– ¡Ghosh!

– ¡¡¡¿Serás, pailán, desgraciado snob?!!! ¡¡¡NON PODES FALARLLE ASÍ A UN MORTO!!!

– ¡Vostede non é quen para dicirme o que teño que facer vello tolo!

 

– ¡¡¡Silencio insolentes!!! ¡Non vos pensabamos axudar, pero agora moito menos; nin nun millón de eóns!

– ¡¿Ve-lo que fixeches?!

Cando Marzin acabou de pronunciar esta última frase, un furacán envolveunos a todos e do ollo saíu unha sombra humanoide cos ollos vermellos coma o sangue.

– ¡¡¡Hahahahahahaha!!! ¡Ben dito, compañeiro fogo fatuo! ¡A escuridade ha reinar e eu recibirei por fin o que merezo!

 

– ¡O único que mereces son unhas patadas no cu!

– Ti sempre co teu humor tan peculiar, Skale... ¿Non ves que el tamén está morto?

– Si, pero el fala. Non se comunica por telepatía.

– ¡¡¡Axiña Maisoul resucitará con tódalas súas forzas e non haberá quen o deteña!! Sabia decisión a que tomastes, espíritos: Non axudalos cando sóde-los únicos que poderidades dete-lo avance da nube escura. Alégrame ver que pensades coma min, que a escuridade é o bando gañador. ¡¡¡HAHAHAHAHAHAHAHAHA!!!

 

– Coidado cómo lle falas ós mortos. ¡Hanse volver contra ti, sexas quen sexas!

– ¿Ti cres, vello? ¡Non me fagas rir! ¡Eu son Beldo, e falo como me dá a gana! Por algo son o futuro rei do mundo. ¡¡¡Hahahahahahahaha!!!

– ¡¿Beldo o feiticeiro das brétemas? ¡Es unha influencia negativa para o mundo! ¡Nunca permitiremos que ti acabes sendo o rei do mundo dos vivos, e menos estando morto! Axudarémosvos a dete-la escuridade. Pero para iso debedes de recitar unha invocación secreta que só os grandes magos e feiticeiros coñecen.

 

– Marzin...

– E... bueno... si... agarda un pouco... ¿como era...? “Melos tanatous... coelum...” ... ¡Non me lembro! Coelum... coelum...

 

– ¡¡Nunca o conseguiredes, e menos cun vello senil!! ¡Ademais vou elimina-los fogos fatuos para que non teñades ningunha oportunidade! ¡bóla Escura! ¡Haaaaaaaa!

– ¡¡¡NOOOOOOOOOOOOOOOONNN!!!

Beldo apuntara ó espírito que estivo falando todo o tempo, que parecía se-lo xefe. A súa bóla Escura estaba a piques de convertelo en po cósmico cando outro espírito se interpuxo entre a bóla e o xefe dos espíritos.

– ¡¿Como te atreves a sacrificarte polo teu xefe?! ¡Agora vas ver! ¡¡Raio de condenación!!

O raio de condenación de Beldo ía directo ó fogo fatuo que se interpuxera entre a bóla e o xefe, que aínda seguía “con vida”, pero estaba moi feble, case sen enerxía. Cando o raio colisionou contra el, o fogo fatuo deixou de selo e transformouse nunha especie de pantasma bébeda.

– ¡Ataca, aliado da escuridade!

Beldo referiuse á pantasma coma o seu aliado, pero en troques, a pantasma parecau estar máis do lado de Kou e os outros que de Beldo.

 

– ¡¡¡Dígoche que ataques!!!

A pantasma pareceu facerlle caso a Beldo e foi directo cara Attley e posuíuna. Attley comezou a facer cousas estrañas coma se bebese cincuenta litros de whisky dun grolo.

 

– ¡¿Pero Attley, que fas?!

– ¡Marzin! ¡A invocación!

– ¿Que? ¡Ah, si! Como era...

– “Melos tanatous, coelum...” Segue. ¿Que segue?

– Si, ben... Hmmmmmm... “Melos tanatous... coelum... coelum...”

 

– “Mortis melainos et iis”.

– ¡Si, iso! “Melos tanatous, coelum, mortis melainos et iss”.

 

– Correcto. ¡Imos, espíritos!

Tódolos fogos fatuos formaron un círculo arredor dun dos remuíños astrais do chan repetindo as palabras de Marzin. Dos remuíños saíron luces cegadoras que subiron ata o ceo e xuntáronse nun raio que atravesou a chaira arrepiante e deu xusto no vórtice da Torre. O vórtice pechouse e a escuridade deixou de medrar. Despois, do ceo caeu un resplandor que cubriu todo o cemiterio e fixo que Beldo perdese a súa forza e desaparecese nun lóstrego de escuridade. Ó acaba-lo resplandor, os fogos fatuos deron por cumprida a súa condena e ascenderon cara o ceo noutro resplandor. En cambio, o espírito afectado polo poder de Beldo quedou en terra.

– ¡Conseguímolo! Selfi, ¿como soubéche-las palabras que había que dicir?

– Estaban no meu libro de feiticería. Facíanme rir, así que as memoricei... Non sabía que fose unha invocación deste tipo...

 

– ¡¿E qué se supón que imos facer con esta especie de espírito bébedo?!

– Pareces caerlle be. ¡Hehehehehe!

– ¡Moi gracioso, Skale! ¡Non quero que me siga a todas partes ou van pensar que é un presaxio!

De contado, todos volveron á vila de Monsbaiya e viron que os espíritos malignos xa marcharan.

– ¡Conseguímolo! ¡Xa se acabaron os demos e todo isto! ¿Non, Kou?

– Iso parece, Skale.

– ¡Non me veñas outra vez con esas, Kou! ¿Ou é que vas volver dici-lo mesmo que cando acabaches co rei dos demos?

– Non sei, paréceme que se nos pasa algo...

– Hmmmmmm...

Pirate ship Galiza.png
bottom of page