top of page

Claustrofobia

Historia de aventuras sobrenaturais nun colexio.

Daquela, o grupo de teatro do colexio onde eu estaba (ía dicir estudiaba, pero sería trastocar lixeiramente a realidade) faciamos unha obra chamada SOS Mar de Fondo. Ao mesmo tempo, eu comezara no último ciclo da secundaria, o que supuña ter clase cuns profesores novos. Tanto dunha cousa coma da outra lle falaba á miña irmá pequena, quen den por facer, aquel Aninovo, un curioso programa nunha das súas cintas de cassette da gravadora inspirándose nesas historias. Así foi como naceu A Morte.

Esta serie, que despois seguimos a facer eu e os meus irmáns, trataba de anécdotas do noso colexio en clave fantástico-humorística, aínda que o normal era que saísen profesores que me daban clase a min e tamén algúns dos meus compañeiros. A cousa evolucionou de tal xeito que, case sen buscalo, acabei facendo un cómic para a revista do colexio baseado nestas historias, que levou o título de Claustrofobia.

for tino punto com.jpg

Nesta historia, que tiña lugar despois dos sucesos de A Morte, o colexio era absorbido por un vórtice e quedaba atrapado nun espacio interdimensional. Isto é obra da Morte e o Lume, inimigos mortais dos protagonistas (que veñen a ser Faustino, un profesor de debuxo técnico con vocación de pintor abstracto e outro profesor que en realidade é un robot, con aparellos estilo inspector Gadget, e que responde ó nome de M. A.), concretamente a Morte ten obsesión por fusionarse cos dous profesores para volverse unha Morte moito máis poderosa. Coa axuda doutros profesores, Faustino e M. A. conseguen derrotar temporalmente á Morte e ó Lume e, gracias a unha galiña con poderes para crear vórtices, viaxan a través de múltiples realidades coa idea de devolver o colexio ó seu sitio... xusto a tempo para o inicio do curso.

bottom of page